Ola. En R queremos que nos coñezas e que saibas quen somos as persoas que estamos do outro lado cando o necesitas.
Hoxe presentámosche a Dolores Gato, a responsable do servizo postvenda para empresas.
24 horas e unha atención personalizada
Dolores leva 17 años en R, a mayoría deles en postventa. Son sete compañeiros traballando directamente cos clientes de empresas aínda que, como ben comenta, toda a empresa se compromete co servizo porque é un dos obxetivos fundamentais que o usuario estea contento.
De feito, en postventa traballan cada día ofrecendo aos nosos clientes unha atención personalizada, demostrando que somos unha empresa centrada no cliente e que pode dar solucións diferenciadas para cada caso.
Lembrando diferentes momentos durante estes 17 anos, Dolores queda cunha frase que un día dixo un cliente de empresas: "R é como un operador artesán, entiendiéndoo como próximo, adaptado ao que necesita cada cliente e cun resultado de alta calidade". Iso podería resumir a filosofía coa que se traballa diariamente desde postventa.
Un saúdo.