Chatbots, atención telefónica, análise de sentimentos en redes sociais, procesamento de textos legais, redacción de documentos realizada por máquinas ou robots... Resultan útiles para a miña empresa? E en que estado de desenvolvemento se atopan estas solucións de IA na actualidade?
Para abordar estas cuestións, R vén de colaborar activamente, xunto á Asociación para o Progreso da Dirección, na organización da xornada APD Talks "Como empregar a IA para o crecemento do teu negocio". Nela analizáronse solucións baseadas en IA que procesan a linguaxe natural e expuxéronse diferentes casos reais da súa posta en práctica en sectores como retail, atención ao/á cliente/a, enerxía ou marketing.
Que é o procesamento da linguaxe natural a partir de solucións baseadas en IA?
Un dos novos usos e tipos de Intelixencia Artificial é o procesamento da linguaxe natural de tal xeito que interprete a linguaxe humana escrita e oral para xerar solucións tecnolóxicas.
O obxectivo principal deste tipo de IA é lles facilitar aos/as humanos/as o entendemento cos seus conxéneres ao debullar as mensaxes clave de grandes volumes de textos e mesmo facer posible a interpretación de sentimentos revelando a intencionalidade do emisor.
Tamén descifra, dalgún modo, conversacións telefónicas ou videochamadas e interactúa coas persoas de maneira intelixente para atender consultas ou derivalas a axentes humanos/as se iso lles achega un valor diferencial.
Grazas a iso, as empresas podedes optimizar os vosos procesos, a organización do persoal ou as súas ferramentas de traballo e quedades preparadas para lles ofreceraos/ás vosos/as clientes/asº experiencias máis personalizadas.
Chat GPT e novos modelos de linguaxe
Un dos temas máis comentados nesta xornada foi o ChatGPT, un popular sistema de chatcreado pola empresa OpenAI baseándose no modelo de linguaxe por Intelixencia Artificial GPT-3.
ChatGPT vai "aprendendo" a partir de preguntas, respostas e correccións ata ser quen de contestar de maneira coherente a practicamente calquera cuestión que se lle faga. É dicir, está adestrado para manter conversacións con persoas e expresarse de maneira natural dando respostas moi completas e detalladas.
Para empregalo, só hai que darse de alta na web e crear un usuario. Así que o seu uso é gratuíto e, por tanto, masivo, o cal implica novos retos dende o punto de vista ético e xurídico.
Ademais, este tipo de sistemas deben ter capacidade para detectar o contexto e adaptarse a el, do mesmo xeito que o fai a linguaxe natural. Porque as palabras e o seu significado cobran sentido por referencia a outras. De aí a necesidade de elaborar modelos de linguaxe a partir de arquitecturas avanzadas baseadas en redes neuronais.
Non é o único reto que propoñen. Tamén necesitan saber como incorporar información en tempo real ou que impacto teñen para a privacidade o que un modelo de linguaxe aprende das conversas que mantén. Sen esquecer cuestións como a ausencia de explicacións; é dicir, por que di o que di.
Coa popularización destes modelos de linguaxe, xorden cuestións como a propiedade intelectual detrás das IA xenerativas, a democratización e as barreiras de entrada destas tecnoloxías ou como corrixir os erros que reproducen.
Porque son moitas as súas opcións e posibilidades de uso nas empresas. Non só chatbots; esta tecnoloxía pódese aplicar en asistentes virtuais, análises de conversacións, social listening, detección de sentimentos, resumo de textos, clasificación de información ou tradución simultánea.
Solucións útiles para mellorar a eficiencia da vosa empresa, independentemente do sector de actividade, e xa levadas á práctica en temas de atención ao cliente e no mundo da banca, os seguros, a industria ou as telecomunicacións.
Ao final, a tecnoloxía debe axudarvos a optimizar a vosa actividade sen perder de vista o trato e a comunicación co cliente. Estas solucións que procesan a linguaxe natural poden converterse en boas aliadas.
En R traballamos continuamente para ofrecervos as solucións máis innovadoras e apoiarvos na transformación dixital da vosa empresa. Se queres saber como a intelixencia artificial pode mellorar os procesos do teu negocio, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.