A día de hoxe podemos afirmar con certeza que os produtos e servizos van ser necesaria e maioritariamente dixitais. Empresas e clientes estarán totalmente conectados e a industria será cada vez máis intelixente e sensorizada. Todo o que facemos deixará rastro dixitale a xestión da información a grande escala en tempo real converterase en algo imprescindible. Con estes enunciados, entramos de cheo na era do Big Data e da Intelixencia Artificial: Big Data, para a adquisición e xestión dos datos, e Intelixencia Artificial para analizar, interpretar e transformar eses datos en información valiosa para a empresa.
A respecto dos seus beneficios, estas tecnoloxías son clave na obtención de pancas impulsoras do negocio, novas fontes de ingresos e optimización das existentes, así como na consecución dunha maior competitividade e mellora operacional permitindo a dixitalización e automatización dos procesos e unha mellor toma de decisións.
Tecnoloxía si, pero tamén transformación cultural
Moitos directivos pregúntanse se a Intelixencia Artificial lle aplica á súa empresa. A resposta é claramente si. O futuro das empresas, mesmo a curto prazo, vai depender da adopción exitosa de tecnoloxías como a IoT (Internet of Things_Internet das cousas), o Big Data e, por suposto, a Intelixencia Artificial.
A tecnoloxía é un habilitador necesario para a transformación e de ahí que o futuro das empresas pase pola adopción exitosa da devandita tecnoloxía. Pero non se trata simplemente de dispoñer de recursos tecnolóxicos; a clave é transformarse de verdade dixitalmente, e para iso hai que cambiar os esquemas de relación co cliente, os procesos e o modelo de negocio, co obxecto de competir nunha contorna global e dixital. En definitiva, cómpre un cambio organizacional e cultural dentro das empresas. Non facer nada xa non é unha opción: as compañías teñen que acelerar a aplicación desas tecnoloxías para transformar e dixitalizar os seus modelos de negocio.
Consciente desta realidade, o Grupo Euskaltel, coma aliado das empresas para incorporar de forma áxil e sinxela as novas tecnoloxías e servizos dixitais, ofrécelles ás organizacións as plataformas, as infraestruturas, o coñecemento e a experiencia de persoal experto altamente cualificado, a través de servizos propios e de alianzas estratéxicas.
Revista da Asociación para o Progreso da Dirección, APD, a comunidade global de directivos
Número348 novembro/decembro 2019
URL: https://www.apd.es/revista-apd-noviembre-diciembre-2019/
Páx. 81. David del Campo, director de márketing empresas do Grupo Euskaltel "A era do Big data e da intelixencia artificial".