Resulta evidente o salto tecnolóxico que supón a irrupción da tecnoloxía 5G nas nosas vidas. E unha boa maneira de aproveitar todo o seu potencial é levala a un determinado sector ou espazo mediante as redes privadas 5G.

Unha rede privada 5G funciona de maneira similar á rede 5G públic, pero só se utiliza nun contexto concreto. Pode ser unha fábrica, unha empresa ou unha instalación portuaria; é dicir, trátase de trasladar os beneficios do 5G a unha contorna específica e con limitación de accesos.

Para analizar o seu uso e o seu enorme potencial R Empresas organizou, xunto con La Voz de Galicia, un foro sobre redes privadas 5G co título "Novas oportunidades de negocio: redes privadas 5G".

Nel compartíronse as experiencias de compañías galegas relevantes do sector público e privado que gozan das vantaxes desta tecnoloxía. Porque o 5G implica velocidade, capacidade, baixa latencia, alta dispoñibilidade, fiabilidade, resiliencia, seguridade e un menor consumo de enerxía; todos eles factores clave na mellora da eficiencia, seguridade e innovación.

Nesta xornada participaron expertos dos sectores público e privado, pertencentes a entidades e empresas como o Porto da Coruña, Agroamb, Fegamp, Universidade de Vigo ou Cinfo, ademais de MasOrange e R. Tratábase de abordar como se poden buscar sinerxias nas empresas xestionando redes privadas na industria, nos edificios corporativos e nos servizos de seguridade e emerxencias.

A aposta de R polas redes privadas 5G

Por parte de R participou no foro o noso director, Alfredo Ramos.

O director de R destacou que tanto a cobertura interior como a exterior son aspectos fundamentais para as redes privadas 5G. En España, actualmente, a mellor frecuencia para 5G é 3,5Ghz e MasOrange é o operador con máis espectro en nela.

Neste contexto podemos afirmar que MasOrange (grupo ao que pertence R) inaugurou a era do 5G empresarial en España ao ser o primeiro operador que actualizou o seu núcleo de rede a 5G, creando unha nova rede especialmente útil para as empresas.

O 5G é unha tecnoloxía disposta a revolucionar o ámbito empresarial. Entón, por que algunhas empresas se resisten a adoptala? Xorden dúbidas sobre o retorno do investimento, a seguridade ou a flexibilidade.

Así que a clave é contar con activos que permitan eliminar os principais obstáculos. Se se fai, as vantaxes son evidentes: dixitalización, utilización dos datos xerados, aproveitamento dos beneficios da IA, automatización, incremento da eficiencia...

A estratexia de R baséase en tres piares fundamentais: eliminar as barreiras de entrada, garantir os aspectos críticos do servizo e apoiar e acompañar na adopción do 5G.

Desta maneira pódese contar con redes privadas 5G máis amplas, capaces, potentes, fiables e integradas con igual ou maior nivel de seguridade, flexibilidade e capacidade de autoxestión. Nas redes privadas virtuais 5G, cada modalidade pode evolucionar á seguinte na medida que se necesite e cada emprazamento pode estar integrado na mesma rede privada, incluso sendo de modalidade diferente.

As redes privadas 5G en instalacións portuarias

Estamos convencidos de que o 5G é a tecnoloxía máis polivalente para as empresas e relevará a moitas das tecnoloxías actuais.

R e MasOrange despregaron xa varios proxectos comerciais de redes privadas. Un bo exemplo é o proxecto do porto de Barcelona, conformando a maior rede privada 5G de España e a primeira rede privada virtual 5G SA totalmente apoiada na infraestrutura do operador.

Entre as súas principais características, destaca que se trata dunha rede sempre actualizada, privada, fiable, potente, segura, sinérxica, habilitadora e eficiente que, ademais, non require de investimento inicial.

Trátase dun proxecto pioneiro en Europa. Dende aquí, as miradas diríxense a China, xa que no xigante asiático puxéronse en marcha algúns dos proxectos 5G máis avanzados.

Nunha das terminais do Porto de Tianjin, a tecnoloxía 5G permite que todo o traballo estea automatizado e se leve a cabo de maneira coordinada e controlada de forma remota, mesmo sen ninguén nas instalacións. Os guindastres e os robots funcionan de forma intelixente e autónoma e os sensores e cámaras controlan toda a área en tempo real. E nada disto sería posible sen o uso das redes 5G e de solucións de Intelixencia Artificial.

En definitiva, podemos afirmar que o 5G e, en concreto, as redes privadas 5G, resultan fundamentais na transformación dixital das empresas. E coa mirada posta xa no futuro 6G, temos por diante a oportunidade de aproveitar o seu potencial e as súas vantaxes. En R axudámosvos a conseguilo.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.