Escoitarte permítenos responder as necesidades que che xorden en cada momento. Por iso, realizamos un estudo para saber as tendencias de uso que fas dos teus servizos de R. E queda claro que o móbil deuche a vida durante os últimos meses. Normal que con tanta videochamada e ao traballar en casa, o consumo de datos se teña duplicado. Pero á tele tamén lle deches o seu. Queres ver como cambiamos?
Bendita wifi
Durante o confinamento a wifi foi obxecto de desexo na túa casa. E é que a necesitabas para traballar, os/as rapaces/as para estudar e entreterse un pouco, facer videochamadas coa familia ou vídeos para poñerte en forma e non coller máis quilos.
O uso de internet disparouse en horas punta, por semana entre as 21:00h e 23:00h, e a fin de semana, a actividade empezaba cara ás 19:00h. Ao estar máis na casa, sobe a wifi e baixa o consumo de datos móbiles. Ao contrario que no verán.
Pegados ao móbil
Cada liña de móbil consumiu no último ano e medio uns 3,7 gigas de datos ao mes. Pois para que te fagas unha idea, en agosto subiu ata os 5,5 gigas. E iso é practicamente o dobre.
Durante as vacacións, máis dun/dunha esgotou a tarifa de datos, e iso levounos a actuar rápido para atender estes cambios de consumo. En R decidimos atender esta demanda con ofertas de gigas ilimitados para responder as túas necesidades en calquera momento do ano.
Máis canles de tele, por favor
As canles quedáronseche curtas para toda a tele que viches no confinamento. Por iso é polo que as contratacións da televisión R aumentasen un 5% nos últimos meses. É, sen dúbida, o servizo que máis percorrido gañou. E é cada vez sodes máis quen queredes a mellor oferta de contidos con calidade 4K.
Ademais, como o arraigamento forma parte do ADN de R, incorporamos á grella dende sempre as canles das televisións locais e autonómicas de Galicia, tanto en galego como en castelán: Televisión de Galicia (TVG), TVG2, Nós Televisión, Localia Vigo ou Telemiño.
E en canto a horarios, de 15:00h a 16:00h e de 21:00h a 23:00h, son as franxas nas que máis viches a televisión durante os últimos meses.
E ti, veste reflectido neste cambio de tendencias?