A conta atrás para ver a Melchor, Gaspar e Baltasar xa empezou. As súas Maxestades chegan á cidade da muralla o luns 5 de xaneiro e xa hai nervios por ver a Cabalgata de Reis en Lugo 2026. Aquí podes consultar cando empeza o desfile, dende onde sae e cal é o percorrido para que vaias pensando onde te vas a poñer para saudar aos Magos de Oriente e a toda a súa comitiva.
Horario da Cabalgata de Reis Lugo 2026

A que hora empeza a Cabalgata en Lugo? Iso é o máis importante para ir con tempo e poder coller sitio en primeira fila para saudar aos Reis Magos e facerse cun bo puñado de caramelos.
Así que toma boa nota do horario da Cabalgata de Reis Lugo 2026:
Luns, 5 de xaneiro de 2026
- 18:00 h. Inicio da Cabalgata de Reis de Lugo 2025 dende o Parque da Milagrosa.
- 19:30 h. Chegada das carrozas e da comitiva á Casa do Concello na Praza Maior. Despois, os Reis Magos recibirán a nenos e nenas dentro do Concello.
Percorrido da Cabalgata de Reis en Lugo 2026

Esperemos que o tempo acompañe para poder gozar do desfile a tarde do 5 de xaneiro, dende o Parque da Milagrosa ás 18:00 h. Cal será o percorrido da Cabalgata de Reis en Lugo 2026? Deixámosche aquí debaixo o itinerario das carrozas das súas Maxestades antes de chegar á Praza Maior a iso das 19:30 h.
A Cabalgata de Lugo pasará pola Avenida da Coruña e entrará no centro histórico pola Porta de San Fernando, para continuar pola Rúa San Fernando e Rúa San Marcos. Chegará á Praza de Santo Domingo e seguirá o seu percorrido pola Rúa da Raíña ata chegar diante do Concello.
- Parque da Milagrosa
- Monte Faro
- Avenida da Coruña
- Porta de San Fernando
- Rúa San Fernando
- Rúa San Marcos
- Praza Santo Domingo
- Rúa da Raíña
- Praza Maior
Como é a Cabalgata de Reis Magos de Lugo 2026?

Baixo o título “Nómadas”, o fío condutor da Cabalgata 2025 tratou sobre a ecoloxía e destacou as grandes viaxes, os descubrimentos, as expedicións, as caravanas e os nómades. Puidemos ver grandes animais, caravanas circenses, submarinos, cepelíns e unha posta en escena chea de música e de animación, grazas aos 14 espectáculos que se desenvolveron durante todo o percorrido.
Cal será o tema da Cabalgata de Reis de Lugo 2026? O Concello de Lugo anunciou que a Cabalgata de Reis Magos de Lugo 2026 estará centrada en mundos fantásticos e os seres que os habitan. Así que os protagonistas da Cabalgata de Lugo serán mundos creados na ficción literaria, no cinema, nos xogos de rol e na tradición oral; historias fantásticas, contos de fadas e maxia poboados de criaturas máxicas e míticas.
As súas Maxestades presidirán as tres carrozas reais, seguidas da carroza dos paxes. Criaturas fantásticas acompañarán a cada unha delas e un vello amigo da cidade de Lugo, na súa versión máis xigantesca, coidará de que non se perdan os agasallos.
A cabalgata contará tamén con 16 espectáculos.
E lanzaranse máis de 1.000 quilos de caramelos. Na cita cos Reis Magos dentro do Concello, repartiranse uns 2.000 cornetes de lambetadas cun pequeno xoguete ou recordo.
Non perdas a Cabalgata de Reis en Lugo 2026.
Fonte imaxe de cabeceira: Cultura e Turismo de Lugo
