Coidar a túa saúde dende o teu peto. Así de fácil o as mellores apps e gadgets que nos axudan a mantermos en forma, coidar a nosa alimentación e a controlar un pouquiño máis o noso estado de saúde. Aquí che deixamos varias suxestións interesantes.

Smartwatch ou reloxo intelixente

Son dispositivos prácticos, con estilo e con autonomía suficiente para funcionar sen recarga durante horas ou mesmo días. Apple foi pioneiro co Apple Watch Series e os smartwatch convertéronse nun dos gadgets tecnolóxicos máis buscados e completos.

Incorporan cámara, compás, termómetro ou GPS e podes vinculalos ao teu teléfono móbil a través de bluetooth ou sen fíos e usalo para contestar chamadas ou mensaxes.

Zephyr

Zephyr é unha máscara intelixente reutilizable, transparente, con luces RGB e micrófono capaz de filtrar máis do 90% das partículas do aire.

Ademais, mentres se carga gárdase nun estoxo especial forrado de luz ultravioleta que elimina os virus.

Pulseiras de actividade

As pulseiras de actividade son unha forma rápida e inmediata de coñecer o teu consumo de calorías, contar pasos ou medir a temperatura cutánea. Estes dispositivos sen fíos úsanse para monitorizar datos relacionados coa saúde e a actividade física.

Son moi populares as deFitbit, que se complementan á perfección coa app. Está dispoñible para iOS e Android, permíteche acceder a estatísticas básicas e dáche consellos útiles para manter a motivación.

Comba intelixente ou Smart Rope

Sabías que saltar á corda é un dos exercicios máis completos e saudables que existen?

Cunha corda intelixente poderás contar o número de saltos que levas e a súa velocidade media. Para maior comodidade, adoitan ter varios modos de salto e podes elixir o que máis se adapte a ti.

Sistema de soño intelixente

Con este dispositivo podes visualizar e comparar os teus ciclos de soño cada noite.

Rexistra os patróns do soño, ciclos respiratorios e a frecuencia cardíaca e monitoriza a contaminación acústica, a temperatura e o nivel de luz.

Aura, deseñado pola empresa Withings, é un dos máis coñecidos.

Báscula intelixente

Unha báscula intelixente analiza a túa composición corporal de forma rápida e precisa. Recompilando datos como o teu nivel de proteína, hidratación ou a túa porcentaxe de graxa corporal podes monitorizar a túa dieta ou a túa rutina de exercicios.

Para reunir todos os datos, conéctaa cunha pulseira intelixente ou un smartwatch e terás un rexistro completo da túa actividade diaria.

Zepp Life

Zepp Life é unha app moi intuitiva que podes usar en dispositivos iOS ou Android.

Rexistra a túa actividade, analiza o soño e avalía os teus adestramentos. Para manterte motivado/a, ofréceche unha chea de vídeos titoriais repletos de ideas coas que manter unha rutina diaria máis sa e gratificante.

Yuka

A app alimentaria de moda, sen publicidade nin remuneracións por parte de ningunha marca.

Yuca escanea os códigos de barras para avaliar a calidade dos produtos alimentarios.

Conta con versións para iOS e Android.

Ada

Esta app gratuíta analiza os síntomas. Recompila datos a partir de preguntas simples sobre o teu estado de saúde, contrástaos coa súa gran base de datos médicos e elabora un informe de avaliación personalizado.

Conta coa garantía de ser creada por médicos usando solucións de Intelixencia Artificial e evidencias clínicas.

Está dispoñible para iOS e Android.

Meyo

Coida a túa saúde psicolóxica.

Meyo dispón de contido audiovisual e exercicios para levar á práctica hábitos saudables e positivos. A súa intención é mellorar a autoestima, controlar a ansiedade e aumentar a confianza para conseguir o benestar emocional.

Versións para iOS ou Android.

RecStyle

A app que necesitas para controlar o teu peso.

Só debes introducir os teus datos unha vez ao día e recomendarache a dieta máis apropiada para ti. Na súa intuitiva pantalla de gráficos podes observar os cambios que se vaian producindo nos valores.

Descárgaa para iOS ou Android.

MyDiary

MyDiary leva un rexistro personalizado de todas as medicións de presión arterial. En base á túa historia, realiza un seguimento e define rangos personalizados por categorías.

Unha forma sinxela e efectiva de controlar o teu nivel de presión arterial que podes usar en dispositivos iOS e Android.

Coida da túa saúde de forma sinxela, con estilo e ao teu ritmo, elixindo as túas apps e gadgets favoritos.