Picouche a curiosidade polo ioga pero non sabes por onde empezar? Tanto se es principiante como un habitual xa na práctica desta disciplina, as apps de ioga e as súas canles de Youtube vanche axudar a mellorar e perfeccionar as asanas (posturas de ioga para os/as non iniciados/as). Así poderás facer ioga na casa ou durante as túas vacacións seguindo os vídeos e clases destas aplicacións de balde no teu móbil, tablet, ordenador ou televisor.

É importante que leas as condicións de cada unha destas apps gratuítas de ioga, porque en xeral podes usalas sen custo durante un período limitado de tempo, para pasar deseguido a unha subscrición de pago.

Pero non te preocupes, porque as mellores apps de ioga sempre colgan vídeos en Youtube que podes ver gratis.

Apps de ioga gratuítas

Ioga – Down Dog

App Yoga Dog

O seu nome fai referencia a unha postura que vas practicar moito, o can mirando ao chan.

Esta app de ioga gratuíta, durante un tempo de proba, conta con modalidade de subscrición. Pero sempre che quedan os vídeos gratis da canle de YouTube: Down Dog.

Deixámosche aquí un exemplo. Xa ves que están en inglés, pero séguese facilmente:

A aplicación Down Dog vaiche vir de maravilla tanto se vas a pola túa primeira clase de ioga, coma se xa estás metido no mundo "yogui" e xa sabes se che gusta máis o Vinyasa, o Hatha ou o Ioga Restaurativo. Aquí atoparás todos os estilos e máis de 60.000 configuracións.

Podes seguir as clases en vídeo dende o teu teléfono e tableta, pero tamén no portátil a través da súa web Down Dog, e mesmo dende a tele, a través de Chromecast.

E ten unha versión de Ioga Prenatal deseñado para que as embarazadas poidan practicar ioga sen problema dende a app para Android e iOS.

App Yoga Dog Yoga Dog
Desarrollador: Yoga Buddhi Co. Categoría: Salud y bienestar

Daily Yoga

App de yoga Daily Yoga

Empeza a dominar posturas como o saúdo ao sol, a cobra e ata 500 máis cunha das mellores apps de ioga gratis. Pero mira ben as condicións, porque despois duns días terás que subscribirte a algunha modalidade con custo.

E se pasada a proba gratis queres seguir practicando pola túa conta, vai á súa canle de YouTube Daily Yoga para facer as túas rutinas en vídeos gratuítos, como este:

Como é a app de ioga Daily Yoga?

O primeiro que debes sabes é que inclúe todos os niveis, así que se queres probar a túa primeira clase non tes problema. Sigue as clases en vídeo, que se actualizan todas as semanas.

Ademais dos cursos, hai unha modalidade de Smart coach que che guía durante case un mes nas túas prácticas de ioga. E se queres, tamén podes facer comunidade ou escoitar meditacións para relaxarte

Moi completa.

App de yoga Daily Yoga Daily Yoga
Desarrollador: DAILY FITNESS Categoría: Salud y bienestar

Xuan Lan Yoga

App Xuan Lan Yoga

Se estiveches buscando como iniciarte no ioga, seguro que viches o seu nome. É unha das profesoras de ioga máis famosa e ademais da súa aplicación para o móbil, podes seguila na súa canle de YouTube Xuan Lan Yoga gratis para facer ioga sen custo.

E estes vídeos de ioga si que están en castelán:

E é que esta app de ioga gratuíta ten un prazo de 14 días sen ter que pagar. Pasada esta proba, pasarías a un modelo de subscrición.

En Xuan Lan Ioga vas atopar moitos estilos de ioga e adaptados a cada estado de ánimo, porque igual queres relaxar unhas veces e outras activarte.

Tamén podes acceder a meditacións guiadas ou a talleres en directo, ademais das clases que ten gravadas para que sigas dende o móbil ou o televisor.

Ademais, podes descargar o material para facer as túas asanas, aínda que non teñas internet ou datos no teléfono.

App Xuan Lan Yoga Yoga Diaria - Daily Yoga
Desarrollador: DAILY FITNESS Precio: Gratis 14 días Categoría: Salud y bienestar

Fitify Yoga

App Fitify Yoga

Outra app de ioga gratis que se adapta ao teu nivel. Verás que ten compras na aplicación, así que le con detalle as condicións.

En Fifty Yoga tes á túa disposición adestramentos rápidos para facer na casa, adestradores/as de carne e óso, máis de 100 exercicios, máis de 40 clases de ioga e ata 6 niveis de dificultade.

Podes facer os vídeos aínda sen conexión a internet, sincronizar os resultados con Google Fit e moito máis. Próbaa no teu dispositivo.

App Fitify Yoga Fitify Yoga
Desarrollador: Fitify Workouts s.r.o. Categoría: Salud y bienestar

Glo – Yoga and Meditation App

Outra app de ioga que podes probar gratis durante 7 días. Se queres continuar os teus adestramentos, pasas a unha subscrición.

apps de yoga practicar casa glo yoga meditation app

Glo combina ioga en liña con meditación ou pilates. É dicir, elixes en cada momento o que queres facer.

Aprende os movementos máis básicos, como o saúdo ao sol, e vai perfeccionando o teu estilo con prácticas máis complexas, que podes seguir en vídeos ou en clases en directo.

Funciona tamén sen conexión a internet.

apps de yoga practicar casa glo yoga meditation app Glo | Yoga and Meditation App
Desarrollador: Glo Digital, Inc. Precio: Gratis 7 días Categoría: Salud y bienestar

Xa che dicimos que o ioga engancha, así que proba estas apps de ioga gratis para o móbil e continúa practicando de balde nas canles de Youtube destas aplicacións.

Serás un auténtico "iogui".