Ola a todos.
Hoxe queremos comentarvos novidades na nosa app de clientes para Android. O caso é que a renovamos totalmente. E agora permite acceder á web de clientes de xeito cómodo e sinxelo.
Se non a tedes decargada, facédeo xa
Comentar que xa estamos a traballar na versión para iOS. Esperamos que non tarde en estar lista, así que os que tedes un iPhone, estade tranquilos que a cousa está quentándose no forno.
A app permítevos a acceder de xeito directo e coa mesma ruta que na web a seccións como a da televisión, para vela no voso smartphone.
Só tedes que ir ao botón de "ver a tele".
Unha das cousas que nos pedistes era poder ver o consumo das vosas liñas. Así que agora podedes mirar dentro de móbil o gasto que levades feito.
Na próxima mellora teredes a consulta de consumo de todos os móbiles R da vosa conta na propia aplicación. Pero agora xa vedes que a cousa está bastante ben e incluso tedes un gráfico moi visual.
E tamén podedes mirar o que levades gastado en todos os servizos, non só no móbil.
Outra cousa moi interesante é que podedes ir a parte de soporte. E se hai algún problema na vosa conexión ou algunha incidencia na zona, aí podedes ter información ou ben seguir os pasos para tratar de solucionalo (no caso de que sexa do cableado, configuración…).
Os dejamos algunas capturas de algunas opciones.
Para ver a televisión:
Para ver o detalle dos consumos:
Ou para realizar un diagnóstico da vosa conexión:
O dito, agardamos que vos guste e que lle quitedes partido ;)
Un saúdo!