Sufrímolo especialmente con ‘Juego de Tronos’ e queremos axudarche con estes trucos para evitar spoilers. Cando se estrea a tempada dunha serie, o que lemos sobre ela adoita desvelar detalles que non queremos saber antes de vela. Ou non abrimos Facebook ou estamos condenados a ver unha imaxe, un tráiler ou ler algo en grao sumo inoportuno. O máis sinxelo é que marques nas túas redes sociais as palabras das que non queres oír falar. Pero ademais hai unha serie de extensións para os navegadores, como Unspoiler, Spoiler Shield ou Social Fixer, que evitarán que te decates do que vai pasar mañá en ‘House of Cards’.
A rede social de Mark Zuckerberg non dispón en si de ningunha ferramenta para bloquear determinadas palabras ou termos. Polo que terás que descargar o plug-in Social Fixer for Facebook para Google Chrome.
Esta extensión permíteche filtrar posts no feed de noticias por contido, autor, URL de ligazón e máis. Tamén poderás ocultar publicacións patrocinadas, política, spoilers, etc. Aquí tes todas as funcións de Social Fixer.
Twitter e Instagram
Nestas dúas redes sociais si que podes silenciar determinados termos que non queres que se mostren, como #WinterIsComing.
En Twitter poderás facelo en notificacións > axustes > palabras silenciadas. Poderemos indicar palabras crave, hastags, nome de series ou de episodios, etc
En Instagram debes ocultar os comentarios en axustes > configuración > comentarios > palabras crave predeterminadas. Aí podes introducir os termos que non queres que se mostren, deste xeito ocultaranse os comentarios que os conteñen.
Tumblr
Evita os spoilers instalando o plug-in Tumblr Savior para Google Chrome. Esta extensión permíteche facer “listas negras” coas palabras que non queres que che ensine e “listas brancas” que fará que sempre se mostren posts con esas palabras.
Outros plug-in
- unspoiler.tv:extensión para Google Chrome que che permite bloquear palabras ou temas dos que non queres saber nada. Unha vez instalado, o plug-in mostrarache unha advertencia de spoiler diante do post
- Spoiler Shield: elixe a rede social e as series que queres que non che mostren. App dispoñible para Android e iOS
Xa estás a tardar en aplicar algún destes consellos se non queres ser vilmente spoileado. Desfruta con toda tranquilidade das túas series favoritas na túa televisión R.
Un saúdo.