Quecheparece
Festa da Ostra de Arcade 2025: datas, programa…
Todos coñecemos a calidade do marisco galego, un dos máis saborosos e recoñecidos do mundo. As ostras son un exemplo de todas as bondades do marisco galego e en Arcade, capital deste molusco, celebran entre o 4 e o 6 de abril a Festa da Ostra de Arcade 2025 para enxalzar a súa importancia na economía local. Contámosche aquí o programa completo que preparan para a súa festa.