A Romaría de San Roque Vigo 2025 celébrase do 14 ao 17 de agosto con música, tradición e gastronomía. A romaría urbana da cidade inclúe concertos, mercado de artesanía e comida, procesión... Contámosche todo o programa da Romaría de San Roque Vigo 2025, que se celebra na contorna da finca de San Roque en Vigo.
Programa da Romaría de San Roque Vigo 2025

A finca de San Roque de Vigo celebra cada ano a súa popular romaría, que comeza o xoves 14 de agosto e termina o domingo 17 de agosto.
Catro días para gozar de concertos, misas e procesións, atraccións ou xogos para os máis peques, zona de mesas para comer sardiñas e polbo e moito máis.
Podes descargar o programa da Romaría de San Roque Vigo 2025, que publica a Irmandade Cultural e Social de San Roque de Vigo.
Xoves, 14 de agosto
- 20:30 h. Pregón a cargo do artista Alberto Cunha.
- 22:00 h. Actuación de Os Bechuchos.
- 00:00 h. Concerto da Orquesta Mondragón.
Venres, 15 de agosto
- Pola mañá: pasarrúas e concerto pola finca de Erdeiros dos Morenos.
- 13:30 h. Sesión vermut con Faino Ti.
- 21:00 h. Concerto de Nacional 81.
- 22:30 h. Concerto de Malfinde.
- 00:15 h. Concerto de Stoned at Pompeii.
Sábado, 16 de agosto
- Pola mañá: pasarrúas e animación coa Escola de música de Beade e Charanga Costamekrelo.
- 12:00 h. Coral Riomao - Misa Maior.
- 21:00 h. Actuación da banda de gaitas Charamuscas.
- 22:00 h. El último guateque, os grandes éxitos pop e rock dos 60 e 70.
- 00:30 h. Concerto de David Civera.
Domingo, 17 de agosto
- 13:00 h. Concerto de la Banda de Música de Valladares.
- 13:00 h. Sesión vermut e xantar popular coa tradicional empanada "furru".
- 18:30 h. Mago Jorge Lorenzo.
- 22:00 h. Orquesta La Banda de Ayer.
Mercado da Romería San Roque Vigo 2025

Ademais de todos eses concertos e actividades no recinto de festas na finca de San Roque de Vigo, podes gozar de mercado de artesanía, zona de mesas para comer sardiñas e polbo, foodtrucks e moito máis.
Na imaxe de arriba podes ver o plano con toda a información sobre a localización do mercado, o escenario principal e o palco, etc. para que o teñas sempre a man.
Tamén podes descargar aquí debaixo o mapa da Romaría de San Roque Vigo 2025:
Esperamos que che resulte útil para gozar desta festa de verán en Vigo.
Lembra as datas, Romaría de San Roque Vigo 2025 do 14 ao 17 de agosto.
Fonte imaxe de cabeceira: Irmandade de devotos de San Roque