3ollos R coida da túa casa ou negocio por ti cando ti non estás. Se queres ver e escoitar en directo o que está a pasar no teu fogar, necesitas unha cámara HD. Este dispositivo permíteche, ademais, gravar o que estás a ver e descargar os vídeos.
Combínaa cun sensor de porta e recibirás un vídeo para saber se os nenos ou a persoa que traballa no teu fogar chegou a casa a tempo.
Xa estamos na casa!
Configura 3ollos R para saber se os nenos ou os teus pais chegaron a casa ou se o fixo a persoa que vos axuda. Se tes un sensor de porta e unha cámara HD, recibirás unha ligazón a unha gravación para ver quen abriu a porta ou quen estivo na casa. Tamén poderás ver en directo que está a pasar esteas onde esteas.
A túa casa/empresa sempre segura
Usa unha cámara HD e configura 3ollos R para recibir alertas no teu móbil e saber quen entra na túa casa/empresa cando non estás. Tamén poderás colocar un sensor de movemento.
Mira o que fai a túa mascota
O servizo 3ollos R permíteche ver que fai a túa mascota cando non estás no piso. Comproba se o teu can está ben en todo momento e mira que fai cando non estás.
Visiona as túas cámaras en directo, grava o que ves e revísao
Non importa onde esteas, con 3ollos R podes ver en directo que sucede na túa casa. Podes consultalo dende o móbil a través da app de 3ollos R (dispoñible para Android e iOS) ou dende a web 3ollosR.mundo-R.com.
- paso 1: pulsa o botón de "play" para ver a túa cámara en directo. Para ver as imaxes a pantalla completa pulsa a icona "expandir" que atoparás na parte inferior dereita da cámara.
- paso 2: pulsa o botón "rec" para gravar o que estás a ver.
- paso 3: pulsa o botón "stop" para deixar de gravar se tes un móbil Android ou volve pulsar "rec" se tes un iPhone. Ten en conta que 3ollos R pode gravar vídeos de ata un minuto.
- paso 4: para revisar o que gravaches, pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.
- paso 5: escolle "gravacións" para revisar todos os teus vídeos.
- paso 6: busca a gravación que queiras revisar. Para coñecer máis detalles, pulsa sobre a portada do vídeo.
- paso 7: pulsa "play" para reproducir a gravación.
Os vídeos eliminaranse automaticamente 29 días despois de gardarse. Se queres gardar algún, pulsa en "non borrar". Se non queres esperar tanto para borralo, pulsa en "borrar agora".
Se queres descargar os vídeos que graves, entra en 3ollosR.mundo-r. com, vai a gravacións, elixe o vídeo que queres gardar e fai clic en: descargar vídeo. Aquí che explicamos como facelo.
Custo do servizo
- 9€/mes para clientes de combo ou mambo: cota do servizo gratis, concentrador 5€/mes e cámara HD 4€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador é gratis polo que só pagarás os 4€ da cámara HD.
- 18€/mes para resto de clientes: cota do servizo 9€/mes, concentrador 5€/mes e cámara HD 4€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador e o servizo é gratis polo que só pagarás os 4€ da cámara HD.
Resolvemos as túas dúbidas
Aquí estamos para resolver as dúbidas que teñas sobre 3ollos R. Ademais, podes consultar na web de respostas as preguntas máis frecuentes, descargar os manuais de 3ollos R ou entrar no foro.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!