Blog Mundo R - Página 3

Xente R

Festa da Faba de Lourenzá 2025: programa, actividades…

A Festa da Faba de Lourenzá 2025 celébrase do 3 ao 5 outubro. Unha oportunidade para degustar racións de receitas con fabas, visitar e comprar nas casetas dos fabeiros ou gozar das verbenas con orquestras. Contámosche todas as actividades do programa da Festa da Faba de Lourenzá 2025 para que non te perdas unha das grandes citas gastronómicas do outono en Galicia.

Quecheparece

AVE Galicia: horarios, duración e estacións ata Madrid

O AVE Galicia inaugurouse en decembro de 2021 e permitiu conectar Ourense e Madrid en 2 horas e 15 minutos. E dende 2024, a alta velocidade chega a Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e A Gudiña. Á oferta de trens AVE e Avlo, a modalidade de baixo custo, hai que sumar os trens Alvia que tardan un pouco máis. Podes consultar aquí toda a información sobre o AVE Galicia Madrid, contámosche os horarios, a duración dos traxectos, as estacións e o prezo dos billetes.

Quecheparece

Voos dende Galicia 2025: onde podes voar dende A Coruña, Santiago e Vigo

Se estás a buscar voos dende Galicia, podes consultar aquí todos os destinos aos que podes voar dende os tres aeroportos galegos. Contámosche todos os voos directos dende Galicia 2025 na tempada de outono e inverno, de setembro a decembro 2025 e actualizaremos a lista de destinos en xaneiro para que saibas as novidades de 2026.Así poderás saber cando hai voos directos a Roma dende Galicia ou os voos a Canarias dende Galicia para as túas próximas vacacións.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en setembro 2025

Remata o verán e chega o outono, pero en setembro non rematan as series e as películas na televisión que che ofrecemos en R. Unha das gañadoras do Óscar, The Brutalist, chega a SkyShowtime, e de agasallo Dexter: Resurrection. Outra serie imprescindible chega a Warner TV: El primer matrimonio de Georgie y Mandy, o spin-off de El joven Sheldon. E os fans de Goku, tranquilidade, teredes os episodios finais de Dragon Ball Z Kai en Comedy Central.

Quecheparece

As Meninas de Canido 2025: programa, concertos...

Non perdas unha nova edición das Meninas de Canido 2025, do 5 ao 7 de setembro, en Ferrol. Ademais das obras de arte inspiradas en Velázquez que podes percorrer polas rúas do barrio, espérante moitas actividades, concertos, foodtrucks para comer, o Mercado Creativo e moito máis. Consulta aquí o programa das Meninas de Canido 2025 en Ferrol e goza desta festa da arte e da cultura.

Xente R

Concertos María Pita 2025: datas e horarios

María Pita é testemuña inmóbil cada ano das actuacións dos grupos do momento. O escenario perfecto para gozar da música ao aire libre e gratis. Queres saber cales son os concertos de María Pita 2025 en agosto? Pois estás no lugar adecuado.

Xente R

Feira Franca de Pontevedra 2025: programa e protagonistas

Pontevedra trasládase ao medievo en setembro coa súa popular Feira Franca. É unha das festas temáticas máis multitudinarias das Rías Baixas e foi recoñecida como Festa de Interese Turístico. Contámosche todo sobre os seus protagonistas e o programa da Feira Franca de Pontevedra 2025, os días 5 e 6 de setembro.

Quecheparece

Illas de Galicia: como chegar, que ver e cando se poden visitar

Cal é a mellor illa para visitar en Galicia? Difícil escoller só unha, as illas Cíes e as Ons son as máis famosas, pero hai moitas máis illas de Galicia para visitar. Paraísos naturais de todo tipo están ao teu alcance. Indicámosche como chegar, cando podes visitalas, onde durmir e que ver e facer cando vaias.

Xente R

Festa da Istoria de Ribadavia 2025: programa e cartel

A última fin de semana de agosto, Ribadavia trasládase ao medievo coa Festa da Istoria. É unha das festas máis populares de Galicia, na que podes ver unha auténtica voda xudía ou degustar unha Comida Medieval, con traxes de época e marabedís. Aquí tes toda a información sobre as actividades e o programa da Festa da Istoria de Ribadavia 2025, do 29 ao 31 de agosto.