O latín e a relixión católica teñen unha relación moi estreita que marcou a nosa historia e a nosa cultura. Todo isto déixase ver en moitos aspectos e un dos máis destacables é no nome galego de neno Lucas. Este nome curto e sonoro ten unha serie de connotacións que o fan moi interesante.

Orixe do nome de Lucas

O nome de Lucas procede do latín. Pero empézase a estender grazas á figura de San Lucas, que foi un médico natural de Antioquía que destacou por ser o único evanxelista que non é de orixe hebrea. Ademais, San Lucas foi o primeiro tradutor da Biblia ao grego e escribiu o libro Feitos dos Apóstolos.

Nestes momentos contabilízanse a máis de 60.000 homes que teñen o nome de Lucas. Unha parte importante deles residen na nosa terra e a súa media de idade é de 15 anos. Este último dato mostra que Lucas é un nome ao que non lle afectou o paso do tempo e que seguimos véndoo con bastante frecuencia.

Significado do nome de Lucas

Do nome de Lucas podemos dicir que ten dous significados establecidos que proceden da súa orixe latina, un deles é “o que resplandece” e outro “luminoso”. Pero tamén se apunta a que este nome tería unha procedencia previa que se sitúa no hebreo e neste caso o seu significado é “furacán”.

Aos homes que teñen o nome de Lucas asócianselles características como o ser responsables, lóxicos, prácticos, perfeccionistas e enérxicos. Todo isto tamén levou a asentar este nome.

Onomástica do nome de Lucas

Un nome como o de Lucas tería que ter a súa propia onomástica e a data na que se celebra é o 18 de outubro. A figura do médico de Antioquía que foi evanxelista e discípulo de San Pablo, transcendeu ata o punto de ter un día asignado no santoral católico.

Homes co nome de Lucas

Unha mostra da popularidade do nome de Lucas é que podemos atopar a homes famosos que se chaman así. Algúns deles son personaxes ficticios e outros proceden de países de fala anglosaxoa.

  • Lucas Vázquez: futbolista galego nado en Curtis.
  • Lucas Pérez: futbolista galego nado na Coruña.
  • Lucas Ferro Caaveiro: arquitecto galego.
  • Lucas Labrada: ilustrador galego.
  • Manuel Lucas Álvarez: historiador e político nado en Santiago de Compostela.

Como se escribe o nome de Lucas noutros idiomas

Outro dos aspectos que recaen sobre o nome de Lucas é que transcendeu desde a súa orixe. Iso queda reflectido en que este nome ten traducións e variantes en diferentes linguas.

Idioma Tradución
Catalán

Lluc

Éuscaro Luka
Castelán Lucas
Inglés Luke
Italiano Luca
Alemán Lukas
Francés Luc