Cando se observa o noso territorio destacan atractivos como o mar ou a natureza, pero a nosa cultura, o noso folclore e a nosa mitoloxía tampouco pasan desapercibidas e iso móstrase no nome galego de neno Breogán. O mesmo ocorre con outros nomes que actúan como representación de nosa propia identidade.
Orixe do nome de Breogán
A orixe do nome de Breogán é celta. Esta cultura influíu directamente no noso territorio e iso apréciase en moitos rituais e tradicións que chegaron ata os nosos días. Concretamente, este nominativo procede da raíz brig.
Unha lenda galega conta que o rei Breogán foi a figura que construíu unha torre moi alta na Coruña. O monarca quería que os seus fillos puidesen ver a illa de Irlanda desde a cima desa torre. Este relato fai que Breogán sexa considerado o pai do noso territorio.
Nestes momentos hai máis de 700 persoas que teñen o nome de Breogán, e como non podería ser doutro xeito, a inmensa maioría delas residen na nosa terra. Especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra.
Significado do nome de Breogán
A historia do nome de Breogán fai que sexa inevitable que o significado deste nome sexa “forza”. Este trazo, sumado á súa historia, converten a Breogán nunha forma moi popular para nomear a acabados de nacer en Galicia.
Outro feito que non pasa desapercibido é que a media de idade dos homes que se chaman así é de 16 anos. Por tanto, o nome de Breogán segue vixente desde a súa orixe máis primitiva. Ademais, aos nenos aos que se lles asigna este nome asócianselles calidades como o ser fortes, resistentes e con gran capacidade para o liderado.
Onomástica do nome de Breogán
Breogán é un nominativo que non ten unha data concreta para a súa onomástica. O motivo podería ser que é un nome de procedencia estritamente celta e que non se ha latinizado. É probable que esa circunstancia provocase que a Igrexa católica non tivese un contacto directo con este nome. Desta forma, a súa festividade sería o 1 de novembro, Día de Todos os Santos.
Homes co nome de Breogán
Hoxe en día pódense atopar homes famosos con este nome, e todos eles proceden de Galicia.
- Breogán Dorronsoro: deportista e atleta galego
- Breogán Vilas: músico galego
- Breogán Riveiro: escritor
- Uxío-Breogán Diéguez: historiador
- Breogán Pereiro: futbolista e deseñador
Como dato curioso, a Real Academia Galega indica que Breogán Díaz Rodríguez (Belém do Pará, 1922) sería a primeira persoa en levar este nome: “Fillo dos emigrantes galegos Lisardo Díaz González e Rocío Rodríguez, foi presidente e secretario do Centro Galego de Belém do Pará”.
Doutra banda, Breogán é tamén una das grandes referencias do noso himno, escrito por Pondal, onde se menciona que Galicia é o “fogar de Breogán”.
Tampouco podemos esquecernos de que hai clubs deportivos moi coñecidos, como o Baloncesto Breogán, de Lugo.
Como se escribe o nome de Breogán noutros idiomas
Ao nome de Breogán pásalle o mesmo que a outros moitos nominativos que proceden da nosa cultura e é que non teñen variantes nin traducións a outras linguas. A súa historia é propia de Galicia, por tanto, é na nosa terra onde se usa principalmente. Ademais, esta característica fai que cada vez que se lea ou que se pronuncie o nome de Breogán fóra do noso territorio se pense directamente en Galicia e no noso folclore.