O noso pasado histórico está influído por diferentes culturas e relixións, que, á súa vez, tamén o estiveron por outras civilizacións máis antigas que marcaron a historia da humanidade. Todo ese pouso vese reflectido no nome galego de neno André, así como noutros moitos.

Orixe do nome de André

O nome de André é de orixe grega. De feito, procede da palabra Andreas. A partir de aí, temos que ter en conta que a cultura grega influíu directamente na romana, e, á súa vez, esta civilización foi a que historicamente contribuíu a que se estendese o cristianismo. Ademais, a nosa terra tamén formou parte dos dominios do Imperio Romano. Todo isto contribuíu a que nomes como o de André se estendesen e pervivan.

Hoxe en día hai algo máis de 2.400 persoas que teñen este nome. A maioría delas residen concretamente na zona de Pontevedra. Tamén destaca o feito de que a súa media de idade se sitúe entre os 25 e os 26 anos. Polo tanto, é un nome utilizado por xente nova.

Significado do nome de André

O significado xenérico do nome de André é guerreiro. Unha significación que se extrae da súa orixe grega. Polo xeral, ás persoas que teñen este nome asócianselles calidades como o ser sociables, agradables e cunha forma de ser que satisfai aos demais.

Onomástica do nome de André

O día designado á onomástica de André é o 30 de novembro. Todo isto débese á historia de Santo André. Esta figura naceu en Galilea e foi un dos 12 apóstolos de Xesucristo. O seu nome comezou a destacar por ser o irmán de Simón, que despois pasaría a ser Pedro. Santo André terminou encarcerado e morreu azoutado por un gobernador grego xustamente o día 30 de novembro.

Homes co nome de André

André é un nome que ten variantes en diferentes linguas e idiomas. Atopar a homes famosos que teñan este nominativo concreto pode ser complicado, pero iso non significa que non os haxa.

  • Andrés Dobarro: músico.
  • André Pena Graña: historiador e doutor en arqueoloxía.
  • André André: futbolista do FC Porto.
  • André Agassi: tenista.
  • André Gide: escritor.
  • André Bretón: escritor.
  • André Malraux: escritor.
  • André Roberson: xogador de baloncesto.
  • André 3000: músico.
  • André René Roussimoff: actor e loitador profesional francés, máis coñecido como “André o Xigante”

Como se escribe o nome de André en diferentes idiomas

André é un dos nomes que ten máis variantes e traducións en linguas que contan con millóns de falantes no mundo. Este nominativo está entre os máis recoñecidos.

Idioma Tradución
Español Andrés
Italiano Andrea
Bretón Andreo, Andrev
Éuscaro Ander
Catalán Andreu
Inglés Andrew, Andy
Alemán Andreas
Asturiano Andresu
Romanés Andrei
Ucraniano Andriy
Ruso Andreï