Gozar das luces, visitar o mercado de Nadal e probar sorte coa lotería son plans imprescindibles no Nadal de Lugo. Neste post contámosche cando acenden as luces de Nadal 2025 - 2026 en Lugo, onde podes atopar o mercado "Nadalmente Lucense"... e lembrámosche que probes sorte coa lotería de Nadal.

Cando se acenden as luces de Nadal 2025 - 2026 en Lugo

As luces de Nadal 2025 -2026 acéndense en Lugo o venres 5 de decembro ás 18:30 h na Praza Maior.

A Praza Maior é o lugar tradicionalmente elixido para o aceso das luces de Nadal. Alí reúnense autoridades, agrupacións musicais e algún lucense de honra para arrincar oficialmente as festas do Nadal.

En 2025, será Isidoro Rodríguez, presidente da Academia de Enfermería de Galicia, profesor da Escola de Enfermería de Lugo e recoñecido folclorista e presidente do Colectivo María Castaña, quen acenderá as luces de Nadal de Lugo.

Onde ver as luces de Nadal 2025 - 2026 en Lugo

nadal lugo
Fonte: Turismo de Lugo

A espectacular iluminación decorativa que adorna as principais vías e puntos emblemáticos de Lugo non defrauda.

Arcos das máis diversas formas (de estrelas, de flocos de neve, ou de campás), grilandas, figuras 3D, letreiros e unha gran árbore son algúns dos elementos habituais que podemos ver no Nadal de Lugo.

O ambiente do Nadal respírase por cada recuncho da cidade, pero hai varios lugares onde a iluminación cobra especial protagonismo:

  • Muralla: O monumento máis recoñecido da cidade adoita contar cunha iluminación especial que realza a súa impoñente presenza.
  • Praza Santo Domingo: Unha gran "antuca" de luces adorna e ilumina este recuncho emblemático da cidade.
  • Praza Maior: O corazón de Lugo transfórmase con motivos do Nadal e luces de fantasía. E fronte ao Concello instálase unha gran árbore do Nadal.

Nadal 2025 - 2026 en Lugo: "Corais polo recinto histórico"

Unha das grandes novidades do Nadal 2025 - 2026 de Lugo é o ciclo "Corais polo recinto histórico", que encherá de música a zona vella da cidade.

Celebrarase do 15 de decembro de 2025 ao 4 de xaneiro de 2026 e participarán máis dunha ducia de agrupacións, como Cantar Delas, Coral Polifónica Xolda, Schola Gregoriana, Coral Lucus Terra, Cantigas e Frores ou Orfeón Lucense.

Ofrecerán tanto actuacións itinerantes como recitais en puntos emblemáticos, como Santo Domingo, Rúa da Raíña, Quiroga Ballesteros, Praza Maior ou San Marcos.

Consulta aquí as datas e horarios das actuacións das "Corais polo recinto histórico".

Mercado de Nadal "Nadalmente Lucense"

nadal lugo mercado
Fonte: Concello de Lugo

Outro dos grandes atractivos da programación do Nadal de Lugo é o Mercado de Nadal "Nadalmente Lucense", que se instalará do 5 de decembro ao 5 de xaneiro na Praza Maior.

Está composto por 20 casetas de madeira que ofrecen gran variedade de produtos de comerciantes locais. Un espazo pensado para dinamizar o sector local e un lugar ideal para atopar os mellores agasallos e artesanía única. Nel temos decoración, alimentación e bebidas, produtos ecolóxicos e sostibles, roupa e complementos, agasallos e lembranzas, xogos e xoguetes, flores e plantas.

Cada semana varían as casetas, xa que se establecen quendas rotatorias semanais para os negocios lucenses interesados en participar.

Horario de "Nadalmente Lucense" 2025 -2026

O Mercado de Nadal "Nadalmente Lucense" abre de 11:00 a 14:30 horas pola mañá e de 16:30 a 21:00 horas pola tarde, excepto os días 24 e 31 de decembro, cando funcionará só en horario de mañá. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado.

Resumindo:

  • Venres, 5 de decembro 2025 - Luns, 5 de xaneiro 2026: de 11:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 h.
  • Mércores, 24 e 31 de decembro 2025: de 11:30 a 14:30 h.
  • Xoves, 25 de decembro 2025 e 1 de xaneiro 2026: pechado.
Programa de "Nadalmente Lucense" 2025-2026

"Nadalmente Lucense" acollerá actividades paralelas de animación e propostas de lecer dirixidas especialmente a un público infantil e familiar.

Haberá actuacións, talleres creativos, xogos tradicionais, contacontos, degustacións de chocolate e viño quente.

Non faltarán personaxes moi queridos polo público infantil, comoo Señor e a Señora Claus, ol Emisario Real Ben-Alí, os seus elfos e paxes. E alí atoparemosFogar de Santa, o Oasis de Ben-Alí, a Pequeña Fábrica e mesmo un poblado infantil.

Actividades para toda a familia no Nadal de Lugo 2025 -2026

A axenda de Nadal de Lugo énchese de propostas para toda a familia.

Do 16 de decembro ao 4 de xaneiro, hai talleres, contacontos e unha chea de actividades diferentes en O Vello Cárcere.

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá o "IV Medrando no Nadal" do 26 ao 30 de decembro, cunha programación teatral dirixida especialmente ao público infantil e familiar. Ademais, comprando unha entrada será posible gozar tamén de “Un Mar de Xogos, unha instalación lúdica creada por Bico de Toupa que estará aberta no propio auditorio entre as 16:00 e as 18:30 h.

Más citas imprescindibles no Nadal 2025 - 2026 de Lugo

Queres coñecer máis plans para gozar do Nadal en Lugo? Aquí tes algunhas das mellores citas:

  • Domingo, 14 de decembro 2025: Torneo de Xadrez de Nadal. Ás 16:30 h, no Soto da Praza de Abastos.
  • Luns 15 e martes 16 de decembro 2025: Teatro “CACHOPO MÁXICO. Luz de Nadal”. Ás 12:00 h, no Auditorio Fuxan os Ventos.
  • Sábado, 20 de decembro 2025: O Apalpador chega ao Mercado Municipal ás 17:00 h.
  • Domingo, 4 de xaneiro 2026: Concerto de Aninovo a cargo da Banda Filharmónica de Lugo.

A tradición da Lotería de Nadal en Lugo

En Lugo, o Nadal é tamén bo momento para probar sorte coa tradicional lotería.

A cidade foi agraciada co premio Gordo en cinco ocasións (a última en 2018), e 2025 podería ser unha nova data afortunada no calendario lucense.

Son moitos os que se achegan cada ano a algunha das administracións locais para comprar o seu décimo, como Loterías Lastra, Loterías La Llave ou a Administración Nº 12 "Loterías El Gafe". Así que o día 22 de decembro é habituar escoitar con atención e ilusión aos nenos de San Ildefonso entoando a súa famosa melodía.

Cabalgata de Reis en Lugo

O broche de ouro á programación de Nadal de Lugo pono a tradicional Cabalgata de Reis da tarde do 5 de xaneiro.

Os Reis Magos iniciarán o seu percorrido ás 18:00 dende o Parque da Milagrosa para desfilar polas rúas de Lugo, con carrozas e animación, finalizando coa súa chegada triunfal á Praza Maior ás 19:30 h. Neste post do noso blog tes toda a información sobre a Cabalgata de Reis de Lugo.

Desfruta do Nadal de Lugo 2025 - 2026.

Fonte imaxe cabeceria: Turismo de Lugo.