Ola a todos. Hoxe queremos comentarvos que a próxima factura que vos chegue será un pouco diferente (non en canto a prezo, non vaiades pensar, jeje) e desexamos que bastante máis clara. Vós diredes se o conseguimos ou non
O primeiro cambio: só amosaremos dous decimais. Aínda que detrás seguimos traballando con catro decimais, para ser máis exactos, na factura, para ser máis claros con vós, só aparecerán dous decimais.
Segunda diferenza: a factura dos clientes particulares e dos que teñen un negocio e unha empresa non vai ser igual. Que é o que cambia? Pois que no caso dos clientes particulares indicaremos todos os prezos dos servizos co IVE incluído, intentando de novo simplificar as cousas falando dun só prezo para evitar poñer como facíamos antes os cartos con e sen IVE.
No caso dos negocios, como xa sabedes, desgrávase o IVE, así que se segue a emitir como ata o de agora.
Máis cousiñas. A partir de agora veredes que agrupamos todo por produtos. Poremos ademais unha breve descrición do contratado.
Velaquí un exemplo dunha factura dun combo 20 series cunha tarifa plana 18. Hai dous recadros independentes: un para todo o que ten que ver co combo e outro para o móbil. Os descontos xa van asociados a cada produto.
Como é unha factura dun cliente particular, xa ten os prezos indicados co IVE incluído (o exemplo non ten nada que ver coa primeira pantalla, son diferentes casos).
Máis exemplos. Neste caso sería unha factura dun pequeno negocio. Como indicamos antes, ao ser un cliente empresarial, os prezos van sen o IVE.
En canto á terceira folla, será igual ca sempre. O que si, polo de agora, na factura dos clientes particulares o detalle dos consumos irá sen IVE, pero será algo que modificaremos máis adiante.
O dito, xa nos diredes se vos gusta ou non, se credes que se entende mellor que a anterior factura ou se vos parece ben o cambio. Nós, dende logo, fixémolo con cariño, pero a factura é para vós, así que a palabra é vosa ;)
Un saúdo!
Autor da imaxe: Matthew Wiebe