O municipio de Cariño, na provincia da Coruña, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
500 megas
Dende R vimos de rematar en Cariño parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais desta localidade da bisbarra coruñesa de Ortegal. Así, arredor de 1.600 residencias particulares e empresas do concello quedan preparados para recibir dende agora os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R.
8 millóns de investimento e fondos europeos
Ademais doutros despregamentos xa realizados na provincia da Coruña (Abegondo, Cerceda, Muros, Camariñas, Curtis, Ortigueira ou Porto do Son), R tamén despregou fibra no marco deste programa en Pontevedra, onde chegou ás localidades de Cuntis, Combarro, Meaño, O Rosal, Pontecaldelas, Ribadumia e Tomiño. Tanto o da Coruña coma o de Pontevedra son proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (‘fibra ata o fogar’) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.
Un terceiro proxecto do mesmo plan tamén adxudicado daquela a R está a permitir o despregamento de redes de nova xeración nas provincias de Ourense (Petín e Pobra de Trives) e máis en Lugo (Monterroso, Lourenzá, Palas de Rei ou Barreiros).
En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia da Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.
Servizos avanzados para máis de 65.000 novos fogares e empresas
En virtude destes proxectos adxudicados en 2016, cando se completen os despregamentos nas catro provincias galegas, uns 33.000 fogares e negocios das "zonas brancas" uniranse ao millón longo dos que hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. A maiores, outras 32.000 residencias particulares e empresas tamén quedarán conectadas ás redes de nova xeración de R ao remataren as actuacións dun segundo plan PEBA-Avanza adxudicado ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa o ano pasado para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diversas zonas da xeografía galega que nunca dispuxeran de accesos ultrarrápidos. Estes despregamentos, cun investimento adicional de 10 M€, están subvencionados ao 80% polos Fondos FEDER da Unión Europea.
Desta maneira, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 novos fogares e negocios quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
Ademais deses accesos a internet con megavelocidades garantidas, as zonas activadas poderán desfrutar tamén do desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R serán quen de aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto, cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxe de Cariño Turismo