As Festas de San Lázaro 2026 en Santiago de Compostela, tamén coñecida como a Festa da Uña de San Lázaro 2026, celébranse do 20 ao 23 de marzo, nas que conflúen o aspecto relixioso e o aspecto gastronómico. Degustación de uñas, romaría, charangas, orquestras… son os pratos fortes do programa da Festa da Uña de San Lázaro 2026, que podes consultar aquí.

Festas de San Lázaro 2026


O barrio compostelán de San Lázaro vive sempre as súas festas o quinto domingo de Coresma, tamén coñecido como o "Domingo de Lázaro", apenas dúas semanas antes de Semana Santa, que este ano é o 22 de marzo de 2026.

Nas Festas de San Lázaro honrase a quen era considerado o mellor amigo de Xesús e que, segundo a tradición cristiá, resucitou despois de estar varios días morto. A estas festas acoden os devotos do santo para rezar por todo tipo de enfermidades da pel, pero tamén os que queran gozar dunha xornada de festa gastronómica, xa que se celebra a Festa da Uña San Lázaro 2026.

Programa da Festa da Uña de San Lázaro 2026

O barrio de San Lázaro énchese de ambiente festivo e ofrece a posibilidade de comer un dos manxares da zona, as famosas uñas de porco. As Festas de San Lázaro 2026 de Santiago de Compostela teñen unha programación para todos os gustos.

Como se fixo o ano pasado, o programa da Festa da Uña de San Lázaro 2026 xa comeza o venres, que este ano cadra o 20 de marzo de 2026, cunha degustación de uñas no Centro Comercial As Cancelas e co pregón das festas, que este ano recae en José Luis Míguez, como representante dos fundadores da Asociación Gastronómica Cultural “Orde da Uña”. E todo acompañado de música en vivo.

E dado o éxito de fai un ano, a SD Compostela agasallará, durante a fin de semana do 20 ao 22 de marzo, cunha entrada gratuíta para o partido ante o Racing Villalbés do domingo 22 de marzo a todos aqueles que consuman uñas nos locais que figuran no programa.

Este é o programa da Festa da Uña de San Lázaro 2026, do 20 ao 23 de marzo:

Venres, 20 de marzo

  • 20:00 h. Inauguración da Festa da Uña San Lázaro 2026 no Centro Comercial As Cancelas co pregón de José Luis Míguez, representante dos fundadores da Asociación Gastronómica Cultural “Orde da Uña”, e ao seu remate música en vivo con DJ Kike Varela e degustación de uñas.

Sábado, 21 de marzo

  • 09:00 - 13:00 h. Alborada cos Gaiteiros Os Enxebres de San Lázaro.
  • 11:00 - 14:00 h. Pasarrúas coa charanga Fanfarria Furruxa.
  • 14:00 h. Sesión vermú.
  • 19:00 e 19:30 h. Misa.
  • 22:00 h. Verbena amenizada por disco móbil Apocalipsis e a orquestra La Fórmula.

Domingo, 22 de marzo

  • 09:00 - 13:00 h. Alborada cos Gaiteiros Os Enxebres de San Lázaro.

  • 9:00, 10:00 e 11:00 h. Misa.

  • 11:00 - 14:00 h. Pasarrúas coa charanga BB+.

  • 12:00 h. Misa solemne e procesión.

  • 13:00 e 19:00 h. Misa cantada.

  • 14:00 h. Sesión vermú coa charanga BB+.

  • 21:30 h. Verbena amenizada por La banda de ayer.

Luns, 23 de marzo

  • 11:00 h. Misa.

  • 11:35 h. Poxa das uñas.

  • 13:30 h. Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago.

  • 21:00 h. Preverbena amenizada por Disco Móbil.

  • 22:00 h. Verbena amenizada pola orquestra París de Noia.

  • 01:00 h. Fin de festa con DJ Kike Varela.

A Festa da Uña San Lázaro 2026

Fiesta de la Uña San Lázaro
Imaxe: Concello de Santiago de Compostela

Centos de veciños e de veciñas reúnense cada ano durante os días de festa, este ano dende o venres 20 ata o luns 23 de marzo, nos restaurantes de todo o barrio de San Lázaro, na entrada norte de Santiago de Compostela, para degustar o prato tradicional da Festa da Uña San Lázaro 2026.

O prato que se serve son as famosas uñas, as patas do porco, que se acompañan con repolos e case sempre con chourizo e patacas cocidas. Este prato é tradicional na zona e a festa é unha das máis antigas da capital galega.

A Festa da Uña adícase cada ano a unha figura coñecida do barrio, unha forma de agradecer á vecindade a súa exemplar convivencia. Este ano as Festas de San Lázaro de Santiago de Compostela están adicadas á memoria dos fundadores da “Orde da Uña”, a asociación que organiza as actividades festivas: Evaristo Carracedo, Ramón Carril, José Luis Míguez, Manuel Moure e Pepe Puente

Onde comer as Uñas de San Lázaro

Uñas de San Lázaro
Imaxe: Turismo de Santiago de Compostela

Para poder saborear o prato tradicionais da uña, durante as festas, dende o venres 20 ata o luns 23 de marzo, ademais da carpa colocada xunto á igrexa, uns 25 restaurantes do barrio de San Lázaro e de toda a cidade ofrecerano dun xeito especial nas súas cartas.

Ademais, todos aqueles que se coman as uñas durante as Festas de San Lázaro 2026 terán este ano un agasallo especial. O equipo de fútbol da cidade, a SD Compostela, entregará entre os días 20 e 22 de marzo a todas as persoas que consuman uñas nos locais adheridos á festa unha entrada para o partido do equipo ante o Racing Villalbés, que terá lugar no Estadio Vero Boquete, o domingo, 22 de marzo.

Esta é a lista de restaurantes do barrio de San Lázaro nos que se pode comer o prato especial das festas, uñas con repolo, patacas e chourizo, dende o venres 20 ao luns 23 de marzo:

  • Carpa da praza da igrexa - Pulpería Guerra: o domingo e o luns.

  • A Casa da Viña: de venres a luns ao mediodía e venres e sábado tamén pola noite.

  • A Grella: de venres a luns ao mediodía e pola noite.

  • A Taberna de San Lázaro.

  • Doña Ana: venres, sábado e luns, de 12:30 a 17:00 e de 20:30 a 00:00 horas. O domingo, de 12:30 a 17:00 horas.

  • Doña Julia: Sábado, domingo e luns.

  • Hostal San Lázaro: Venres, sábado, domingo e luns.

  • La Bodeguilla de San Lázaro: venres, sábado, domingo e luns, de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.00 h.

  • A Finca: sábado e luns de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 h. O venres só por encargo.

  • Mesón de Lázaro.

  • Mol Bar: Sábado, domingo e luns.

  • O Afiador: venres, sábado, domingo e luns.

  • O Muiñeiro: venres, sábado, domingo e luns.

  • O Tangueiro: domingo e luns, de 13.00 a 17.00 h e de 20.00 a 23.30 h.

  • Pedra Santa: venres, sábado, luns e martes, de 13:00 a 16:00 horas e de 21:00 a 23:00 horas.

No resto da cidade de Santiago tamén se poden comer as uñas do santo nos seguintes restaurantes, onde tamén se repartirán entradas gratuítas para o partido da SD Compostela:

  • A Calzada: Menú baixo encarga venres, sábado, domingo e luns, de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 h.

  • Ruta Xacobea: venres, sábado, domingo e luns, de 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 horas.

  • Taberna da Feira: venres, sábado, domingo e luns, de 12:30 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 horas.

  • Don Quijote: venres, sábado, domingo e luns, de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30 h.

  • O Bo Xantar: venres, sábado, domingo e luns, de 13.00 a 16.00 h e de 21.00 a 23.30 h.

  • A Nave de Vidán: venres e sábado, de 13.00 a 16.00 h e de 21.00 a 12.00 h. Domingo e luns, de 13:00 a 16:30 e de 20:00 a 22:30 horas.

  • Paz Nogueira: venres, sábado, domingo (pechado domingo pola noite). Recoméndase reservar previamente.

  • Redes: Só previa solicitude o venres, sábados, domingo e luns ao mediodía.

  • Nave 5 da Praza de Abastos: os postos Ostrería, Amoado e Frebas: venres, sábado, domingo e lunes, de 12:00 a 16:30.

  • O Bochinche: venres e sábado de 13:30 a 15:45 e de 21:00 a 22:45. Recoméndase reserva.

Así son as Festas de San Lázaro 2026 en Santiago de Compostela, tamén coñecida coma a Festa da Uña, do 20 ao 23 de marzo.

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Santiago de Compostela