O edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia acolle o 23 de maio unha nova edición do GaliciaTIC. Dende R gustaríanos que nos acompañases neste evento de primeiro nivel (é gratuíto e ademais, inclúe xantar).

En R estaremos alí, apoiando e participando nesta iniciativa que busca potenciar as iniciativas tecnolóxicas de Galicia. Este ano as tendencias dixitais e as oportunidades para Galicia serán o eixe principal sobre o que xiren todas as actividades dun evento que busca achegar á nosa comunidade os últimos avances tecnolóxicos.

Programa

Haberá empresas de primeiro nivel falando. Ademais de R estará xente de Microsoft, Nokia Imatia, Ozona, Orange, Abanca, Estrella Galicia, Telefónica...

Na xornada analizaranse as tecnoloxías, capacidades e infraestructuras que están a impulsar a transformación dixital. O noso compañeiro Alberto Díaz moderará unha mesa sobre intelixencia artificial na empresa.

Tamén se falará sobre a transformación dixital, a experiencia de usuario, cloud computing, smart cities ou industria 4.0. Consulta o programa completo.

Acompáñanos

Dende R queremos convidarte a que esteas no GaliciaTic 2018. Encantaríanos que nos acompañases porque é un evento que paga moito a pena.

Só tes que rexistrarte e, no tipo de inscrición, poñer "invitado patrocinador". En "patrocinador" indicaR e escribe o código GT2019_R.

http://www.galiciatic.com/inscripcion

inscripción Galicia TIC 2019

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!