20 Setembro 2022 | Santiago de Compostela
A maioría das organizacións víronse obrigadas a acelerar a súa Dixitalización para mellorar a súa competitividade adoptando novas tecnoloxías. Con isto, incrementáronse de maneira notable os riscos en materia de ciberseguridade e de privacidade, á vez que se produce a evolución na conectividade despregando tecnoloxías como SDWAN (que melloran o servizo e a dispoñibilidade), o acceso dos usuarios desde calquera lugar de forma segura con modelos Zero Trust, sen esquecernos da mellora constante na protección contra ataques dirixidos tipo Ransomware e concibindo a ciberseguridade en OT como parte dos seus procesos de mellora industrial.
Neste seminario analizaranse os desafíos e como fortalecer a postura de ciberseguridade da túa organización.
cando?: martes, 20 de setembro de 2022
onde?: Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela
Hora: 11:00
Axenda
11:00
Rexistro e café
11:30
Retos da ciberseguridade no mundo dixital
11:45
Network Edge Explosion
12:35
Operational Technology Connectivity
13:00
Mesa redonda: Transformación Dixital
- Alfredo Ramos, R
- Santiago Baixeras, Fortinet
- Fran Vallejo, Vodafone
- Manuel Alonso, Telefónica
13:30
Coctel