infraestructura de datos para despregar analítica e IA: casos prácticos
9 de febreiro de 2024
Tras o primeiro obradoiro onde falamos do valor dos datos aplicando a Intelixencia Artificial, convidámosche a esta segunda sesión onde analizaremos casos prácticos de datos para despregar proxectos de analítica e IA.
Nun formato participativo enriquecerémonos coa opinión de todos/as os/as asistentes falaremos de:
Infraestruturas: novas arquitecturas e estratexias en torno ao dato necesarias para a súa explotación en contornas de cloud pública e privada.
ETL: Como realizar a automatización da inxestión de calquera fonte e preparación dos datos tanto en tempo real como por procesos batch.
Almacenamento: Construción dun DataLake confiable (escritura) e creación dos DataMarts (lectura) para seren explotados pola IA.
Goberno: Como facer un goberno dos datos que garanta a calidade, acceso e seguridade.
Casos prácticos: Apoiándose nos puntos anteriores como punto de partida, como realizar os primeiros modelos en IA e telos en explotación.
Contacta co teu asesor comercial ou mándanos os teus datos (nome, apelidos, cargo, empresa, correo electrónico e teléfono de contacto) [email protected].