O programa de startups R está composto por varias empresas galegas tecnolóxicas e o seu obxectivo é fomentar o crecemento destas empresas de recente creación.
Nesta iniciativa participa Send2me, unha empresa de Vigo que se encarga de instalar caixas de correos electrónicas intelixentes en vivendas unifamiliares. Neses compartimentos, as empresas de mensaxería poden depositar os teus pedidos online.
Nesta ocasión tivemos a sorte de charlar cun dos fundadores de Send2me, Toño Fraga, que nos contou detalladamente en que consiste o labor desta startup.
Send2me faiche a vida máis fácil
Send2me nace no ano 2016 como idea para o proxecto fin de máster de Toño, Andrés e Javi. Un ano máis tarde, constitúese como empresa co como obxectivo primordial de “facer a vida máis fácil” ás persoas.
Javi, Andrés e Toño, os fundadores de Send2me, detectaron no mercado a necesidade de que, na maioría das ocasións, hai que estar na casa poder recibir un pedido. Esta situación fai perder o tempo a moitos usuarios que teñen unha vida persoal e laboral moi marcada polos horarios.
Ante esta necesidade, Send2me propuxo unha solución que ata ese momento ninguén abordara en España. Este tipo de formulación denomínase solución de última milla, xa que está relacionado coa problemática que existe hoxe en día cos sistemas loxísticos de envío.
Caixas de correos intelixentes
Esta solución consiste en instalar caixas de correos intelixentes en casas unifamiliares nas que as empresas de mensaxería entregan os pedidos que solicitases. “Send2me non é unha empresa de mensaxería, é unha empresa tecnolóxica”, aclara Toño.
Para ser usuario de Send2me tes que instalar unha caixa de correos intelixente na túa casa e descargar a súa app.
Cada vez que realices un pedido online debes introducir no nome do pedido o código da túa caixa de correos e o repartidor recibirá unha clave única para abrir a túa caixa de correos no momento da entrega. Unha vez entregado, a caixa de correos xerará unha firma dixital que confirma a entrega na túa app. E todo este proceso sen ter que estar a esperar na túa casa a que chegue o pedido.
Video Send2me from Send2me Send2me on Vimeo.
Toda a xestión das caixas de correos electrónicas pódese facer dende a web de Send2me ou desde a súa app, dispoñible para Android e para iOS.
Polo momento estas caixas de correos só se instalan en vivendas unifamiliares, xa que son os lugares onde máis se detectou a necesidade de estar no domicilio para recibir os pedidos. “Pero non descartamos nun futuro próximo poder instalar as nosas caixas de correos en bloques de edificios”, afirma Toño.
Futuro próximo
A estratexia de Send2me é facer un campo amplo de caixas de correos e ir formando parte das carteiras de provedores de empresas loxísticas que operan a nivel nacional. Deste xeito, coñeceranos en moitos máis lugares.
A que mola esta empresa? Seguro que che apetece adquirir esta caixa de correos e empezar a utilizar o sistema de Send2me. Pois veña anímate, seguro que che facilitará moito máis a túa vida diaria .
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!