Hoxe botámosche un cable para mellorar a conexión wifi, porque sabemos que é unha tecnoloxía moi cómoda para poder conectarnos dende diferentes dispositivos, pero que tamén dá moitas dores de cabeza.
Pola contra, a conexión por cable é máis molesta, pero garante unha maior estabilidade e velocidade constante, porque o sinal non está suxeito a ningún tipo de interferencias nin sae da nosa rede.
En cambio, o sinal por wifi non vai pola nosa rede e está afectada por múltiples factores alleos a R. Pero a idea deste post é darche unha serie de recomendacións para mellorar o servizo.
Recomendacións
Imos ao tacho. A calidade da sinal pode diminuír por unha incorrecta localización do router ou pola saturación de banda que comparten o router e outros dispositivos electrónicos do teu fogar. Para evitar esa saturación, recomendámosche que utilices un router con tecnoloxía wifi AC e dobre banda, como che ofrecemos ao contratar o combo 350 megas. Ademais podes ampliar a cobertura con PLC wifi de R, que ofrece mellores resultados que os repetidores wifi. Moita información xunta? Non te preocupes, imos por partes.
Para que a sinal wifi chegue a todos os puntos do teu fogar, deberás colocar o router no lugar máis céntrico da vivenda e non oculto dentro dalgún estante ou caixón; pero isto non sempre é unha garantía, porque moitos dispositivos electrónicos da túa casa, como microondas ou teléfonos sen fíos, poden causar interferencias ao router. A que se debe? A que todos usan o mesmo rango de frecuencia, a banda de 2,4Ghz, que se acaba saturando e, por tanto, causa moitos problemas de conexión por wifi. A solución será utilizar outra banda que se atope máis libre e iso conseguiralo cun wifi dobre banda.
Wifi dobre banda
O wifi pode funcionar en dous rangos de frecuencia, a banda 2,4Ghz, que che acabamos de explicar, e a banda de 5Ghz, que se atopa máis libre e por tanto permite que se poidan reducir as posibles interferencias e alcanzar maiores velocidades.
Con todo, o wifi de 5Ghz ten menor alcance que o de 2,4Ghz, polo que pode pasar que a cobertura en distancia sexa menor. A mellor solución é que o router utilice ambas as dúas bandas simultaneamente:
- a banda de 5Ghz está moito menos saturada que a banda de 2,4Ghz, co que se reducen as interferencias e poderá alcanzar maiores velocidades.
- onde non teñas cobertura wifi de 5Ghz, podes conectarte á wifi de 2,4Ghz.
- se non tes dispositivos que soporten wifi de 5Ghz, podes seguir conectándote á de 2,4Gz.
Podes escoller a mellor banda en cada momento dende a web de clientes ou dende a app de R na ruta “configurar” > “configurar internet” > “ver ou cambiar parámetros wi-fi”. Recomendámosche configuralas con distinto nome para saber en todo momento a cal estás conectado.
Ademais da banda que utilices, inflúe, e moito, a canle. Cada banda ou rango de frecuencia está subdividido, en varias canles, que poden solaparse con redes veciñas. Así que o truco está en escoller a canle menos saturada. Pero non te preocupes se non sabes de que vai isto . En R poñémoscho fácil e seleccionamos a mellor canle no teu router de forma automática, para que non teñas que configuralo ti de forma manual no panel do router. Só tes que pulsar o botón “buscar a mellor canle”, como podes ver na imaxe, e listo.
PLC wifi
Se a cobertura segue sen resultar suficiente, o máis aconsellable é que utilices o PLC wifi de R. Resulta máis eficaz que un repetidor wifi, porque crea unha nova wifi onde necesites mellorar a cobertura e por tanto é máis estable que repetir a sinal wifi do cablemódem. Non é necesario cableado, basta con enchufar e listo .
Agora podes desfrutar de PLC wifi con financiamento de 3€ ao mes durante 24 cotas e un pago inicial de 0€. Tes máis información nas nosas solucións SOS wifi.
Se aínda así tes dúbidas respecto da túa conexión wifi, ofrecémosche o servizo análisis SOS wifi. Realizamos un estudo personalizado para comprobar o nivel de sinal do wifi e propoñerche alternativas, como cambiar a localización do cablerouter, instalar repetidores wifi, PLC...
Esperamos ter sido de axuda.
Un saúdo!