Desde que Internet chegou ás nosas vidas, non deixou de romper os nosos esquemas e poñer todo aquilo que coñecemos patas para arriba.
Dende hai tempo que escoitamos que as empresas teñen que adaptarse ao mundo online para converterse en Social Business.
que é Social Business?
Social Business é a inclusión “do social” dentro da empresa.
Trátase de transformar a maneira na que nos comunicamos como empresa, adaptando formas e medios de comunicación máis habituais dunha persoa que dunha empresa.
Non nos malinterpredes, non se trata de abrir unha conta de Facebook para empresas e subir fotos do teu produtos. A cousa vai máis alá: trátase de transformar a cultura da nosa organización, utilizando as redes sociais e outras ferramentas para falar de ti a ti cos nosos clientes, empregados ou partners.
que vantaxes ten Social Business?
- Mellora a produtividade ao enriquecerse a comunicación entre os traballadores da empresa.
- Mellora a comunicación cos teus clientes, mellorando tamén a súa satisfacción.
- Mellora a notoriedade da túa empresa, ampliando así a posibilidade de atopar novos partners.
por onde empezo a adaptar “o social” a miña empresa?
O primeiro e máis importante é que todos os traballadores da empresa se conciencen de que esta transformación supoñerá un cambio positivo para todos.
Ofrece os teus empregados ferramentas para que fomenten o traballo colaborativo. Algo tan sinxelo como permitirlles traballar en rede cos seus compañeiros ou con outras empresas, mellora a súa produtividade e a súa vinculación co cambio.
Sei máis accesible. Abre novas canles para comunicarte cos teus clientes e atraer talento. Por exemplo, permite que os teus clientes poidan resolver calquera dúbida ou problema a través de Twitter ou Facebook.
As organizacións máis sociais están máis conectadas e son máis atractivas á hora de atraer talento. A tecnoloxía, os datos e IoT (internet das cousas) cambiarán en pouco tempo a nosa forma de entender a empresa, por que esperar?