O noso mundo é dixital. Empresas e clientes estades inmersos nun imparable proceso de transformación dixital que se acelerou aínda máis coa actual crise da Covid-19, unha situación que obrigou a reformulármonos produtos, servizos e a propia infraestrutura tecnolóxica, incluíndo sistemas de almacenamento de datos.

España é un país líder en canto a despregamento de fibra óptica ata o fogar e tamén no que a implantación dixital se refire, polo que non é de estrañar que as solucións e as contornas cloud se teñan convertido en moitas empresas na mellor opción para garantir o correcto funcionamento dos servidores con total seguridade, de forma eficiente, sen disparar os custos e sabendo adaptarse a necesidades específicas.

Nunha época marcada pola mobilidade, as ferramentas colaborativas e o teletraballo, o cloud encárgase de facilitarnos actividades frecuentes como compartir ou enviar arquivos dende calquera dispositivo e lugar.

En relación co cloud, sabemos que hai un tema que vos preocupa especialmente: o custo. Pero a día de hoxe xa dispoñedes de completas solucións tecnolóxicas sen necesidade de investimentos nin cambios significativos nos sistemas da vosa empresa.

Data_Center

Que necesita a túa empresa? Protexer o seu negocio e á vez dispoñer da axilidade necesaria para despregar novos servizos nun modelo de infraestrutura TI orientado ao pago por uso, aforro de custos, escalable, flexible e con simplicidade de uso.

Dende R, como o teu asesor tecnolóxico, apostamos por ofrecer un produto Datacenter Virtual que se adapta ás necesidades presentes e futuras do teu negocio, cun almacenamento intelixente que che permite configuracións adaptadas ao rendemento requerido e sempre a través de servizos modulares que adaptan a solución ás túas necesidades concretas.

Falamos dunha plataforma con alta dispoñibilidade e sistemas sempre actualizados que podes xestionar dende un único panel de control e que conta con conectividade centralizada a través de diversos provedores.

Nube pública ou privada?

O Cloud computing ofrécese en diferentes modalidades para dar servizos e modalidades de consumo que cubran todos os requirimentos do mercado. As máis coñecidas son nube pública, nube privada e nube híbrida.

A nube híbrida destaca pola súa versatilidade, xa que vos permite ás empresas deseñar a vosa propia arquitectura e unha transición gradual ao cloud, ademais de decidir cales das aplicacións ou dos datos se manteñen dentro do ámbito privado e cales se migran á nube pública, funcionando finalmente como un ente totalmente integrado no que os recursos combinan os servidores aloxados nas instalacións da empresa e os que ofrece o provedor do servizo.

Proximidade co cliente

Como parte da nosa estratexia dixital de proximidade, o Grupo Euskaltel, ao que pertence R, conta cunha rede de centros de datos próximos ás localizacións dos clientes de empresas en cada un dos mercados nos que opera: R en Galicia, Telecable en Asturias e Euskaltel no País Vasco. Son centros de datos totalmente integrados entre si e coas redes dos clientes, e constitúen unha rede híbrida de centros de datos próximos ás vosas localizacións.

As empresas podedes estar seguras de que os vosos sistemas estarán dispoñibles en todo momento, sen interrupcións, accesibles a través dunha rede de datos de alta capacidade, e que os vosos datos están protexidos cumprindo en todo momento cos requisitos establecidos na lexislación sobre protección de datos.

En definitiva, o cloud é xa unha realidade en moitas empresas, especialmente útil e necesaria nestes tempo da Covid-19, e que vos pode abrir a porta a novas e interesantes posibilidades empresariais. Estamos a ver, por exemplo, como as solucións cloud van influír e impulsar aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial ou o 5G.

Queres saber máis sobre as nosas solucións cloud de proximidade para a túa empresa? Subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial de Empresas e buscaremos a solución máis adecuada parao teu negocio.