Non hai pausa nos procesos de dixitalización das vosas empresas. Nesta ocasión, Reganosa, empresa dedicada ao transporte e regasificación de gas natural, acaba de chegar a un acordo con R para incorporar na súa organización os servizos e plataformas na nube de SAP HANA. Un proxecto que se enmarca tamén dentro da súa estratexia de internacionalización.
Como empresa innovadora, Reganosa quere implantar os últimos avances tecnolóxicos para mellorar o benestar da sociedade e fomentar o seu desenvolvemento e crecemento, garantindo a dispoñibilidade das infraestruturas enerxéticas necesarias e a súa xestión segura e eficiente.
Os expertos en enerxía de Reganosa saben que é imprescindible a dixitalización da súa actividade; e en R apostamos sempre pola mellor tecnoloxía para lles dar resposta ás necesidades dos nosos clientes. A Reganosa, empresa global con raíces en Galicia, gústalle aliarse, cando hai oportunidade, con empresas galegas solventes, como R. Desta volta, Reganosa atopou no hosting HANA a solución que lle permite dispoñer dun cloud próximo, multisite, de altas prestacións, integrado coa súa rede privada e adaptado ás súas necesidades específicas a partir da aposta de R por un datacenter próximo. Como parte da súa estratexia dixital, o Grupo Euskaltel dispón de cinco datacenters (dous en Galicia, dous en Euskadi e un en Asturias) grazas aos cales podemos facilitarvos as nosas ferramentas cloud dunha forma máis personalizada e próxima en cada territorio.
Unha solución de cloud e comunicacións adaptada ás necesidades de Reganosa
Reganosa aloxará todo o seu sistema SAP e xestión documental nos servizos cloud de R, nun proxecto que inclúe a migración dende o seu provedor actual en Madrid. Os datacenters do Grupo proporcionarán todos os elementos necesarios para o seu correcto funcionamento e xestión integral, respectando as mellores prácticas para asegurar a súa confidencialidade, integridade e dispoñibilidade.
Entre os compoñentes máis relevantes atópase o servizo de datacenter virtual, que proporciona capacidade de cómputo e almacenamento de propósito xeral, e a nova plataforma optimizada para o aloxamento da base de datos SAP HANA. Esta peza de software é indispensable para utilizar as versións máis recentes de SAP e require unha infraestrutura de cómputo de moi altas prestacións que, grazas ao servizo de R, é agora máis accesible para as empresas.
Adicionalmente, e co obxectivo de asegurar o alto estándar de dispoñibilidade que Reganosa require para as súas operacións, incorpórase o servizo DRaaS de R (Disaster Recovery as a Service), que utilizando mecanismos de replicación continua permite unha recuperación rápida do sistema en caso de incidencia grave.
Todo este servizo cloud compleméntase cunha potente rede de comunicacións que conecta as sedes de Reganosa cos datacenters do Grupo, cunha capacidade dimensionada para que os usuarios dos sistemas perciban un servizo óptimo, contribuíndo así a mellorar a súa produtividade.
Un proxecto desta envergadura require unha solución personalizada perfectamente adaptada á necesidade do cliente. R conta cun equipo de enxeñeiros cunha grande experiencia tanto no deseño técnico integral como na xestión de proxectos de implantación en contornas de alta complexidade, adecuando todas as actuacións ás circunstancias do cliente para garantir unha transición ordenada e cun impacto mínimo.
R, aposta pola proximidade e a colaboración
En definitiva, con esta solución, Reganosa poderá migrar as súas contornas SAP a un cloud próximo, facilitando así o uso do produto datacenter virtual para o despregamento de servidores de aplicacións SAP, e dispoñerá dunha nube privada integrada na súa rede e con todo o que necesitan os seus sistemas.
R ofrece proxectos a medida nunha contorna de cooperación e confianza no que ademais podemos contar coas solucións tecnolóxicas máis avanzadas, como esta solución SAP baseada en tecnoloxía de primeiros fabricantes que se pode adaptar ás túas necesidades concretas e que inclúe servizos profesionais de integración, migración e/ou administración de SAP.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións vinculadas a SAP HANA empresa, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial empresas.