Os produtos e servizos son cada vez máis dixitais e moitos profesionais pregúntanse se a intelixencia artificial podería aplicarse á súa empresa. Oímos falar a miúdo de robots ou de telecontrol e preguntámonos, para que quero estas tecnoloxías? que poden facer pola miña empresa?

A clave é identificar os casos de uso e saber aplicar estas tecnoloxías nas empresas, independentemente do seu tamaño, para obter beneficios reais.

O futuro das empresas, xa a curto prazo, vai depender da adopción exitosa das tecnoloxías habilitadoras en industria 4.0 como o IoT, Big Data e, por suposto, a Intelixencia Artificial.

Basque Industry 4.0

A Basque Industry 4.0-The Meeting Point é o evento de referencia en Industria 4.0 e Ciberseguridade que se celebrou os días 20 e 21 de novembro en Bilbao.

O Grupo Euskaltel (do que R forma parte xunto co operador asturiano Telecable) participou na que xa é a súa sexta edición.

Estivemos presentes nunha das conferencias da man de Data Robot, un dos nosos socios tecnolóxicos de referencia en intelixencia artificial “DataRobot”, xunto a Tecnalia, IKERLAN e membros de BRTA (Basque Research and Technology  Alliance).

Ademais, dende o noso stand demos a coñecer, de primeira man, algúns exemplos de dixitalización e automatización de procesos industriais mediante robots con software RPAs e blockchain; o emprego de  Machine Learning automático para unha mellor xestión Industrial, ou sistemas de control remoto (telecontrol) en tempo real, así como sistemas de seguridade, entre outras tecnoloxías.

Os nosos socios tecnolóxicos: ECOMT e Data Robot

Neste camiño á dixitalización da empresa están a acompañarnos Data Robot e ECOMT:

Data Robot, é a plataforma máis avanzada de AutoML (AutoMachineLearning), que permite ás empresas desfrutar das vantaxes que ofrece a intelixencia artificial dunha forma rápida e eficiente. ECOMT é unha empresa especialista en dixitalización e automatización de procesos industriais e xestión eficiente de infraestruturas.

Porque a intelixencia artificial non está só reservada ás grandesempresas tanto Data Robot como ECOMT achegan ideas e solucións para quecalquera compañía ou sector poida beneficiarse das súas vantaxes e aplicacións:

  • Dixitalización e automatización de procesos industriais mediante robots software RPAs e blockchain.
  • Emprego de Machine Learning automático para unha mellor xestión industrial, mantementos preventivos e preditivos.  
  • Sistemas de control remoto (Telecontrol) en tempo real, integrados con PLCs, sistemas MES e SCADA.  
  • Xestión intelixente de infraestruturas, obtendo máxima eficiencia e aforros.
  • Integración  IT / OT, Monitoración e KPIs de control de produción e negocio en tempo real con historificación ilimitada.
  • Sistemas de seguridade laboral.

Socio tecnolóxico

Os modelos preditivos están destinados a impulsar o valor do negocio real e nós posicionámonos como un actor relevante na participación activa neste proceso presentando solucións altamente diferenciais. Como asesor e divulgador tecnolóxico, o noso obxectivo fundamental é axudar ás empresas para incorporar de forma áxil e sinxela estas novas tecnoloxías e servizos dixitais, resolvendo os retos tecnolóxicos necesarios para xerar negocios e experiencias dixitais con éxito.

Dende o noso convencemento e coñecemento da realidade queremos botar unha man para estudar cada caso en particular e ser o compañeiro na transformación dixital da empresa.

Próximospasos

Se queres que te acompañemos na transformación dixital da túa empresa ponte en contacto connosco en empresas.mundo-r.com.

Se queres asistir ao próximo encontro sobre este tema, co título: “Enfoques hacia una empresa digital”, adiantámosche que se celebrará:

11 de decembro en Coruña, Salón Ría de Arousa do Hotel Attica21ás 9:00 h.

12 de decembro en Vigo, Salga CSC Garaje Círculo de Empresarios de Galicia, ás 9:00 h.

Importante inscribirte en [email protected]