Cada día, traballamos para darche o mellor servizo. Pero sempre necesitamos e valoramos que ti, como cliente, nos digas que facemos ben e que debemos mellorar. Por iso fixámonos especialmente en estudos como o elaborado por GFK sobre o mercado das telecomunicacións no sector empresarial en España.
Coñecer o índice de satisfacción xeral sobre os diferentes provedores do mercado, con especial atención sobre aspectos como o recoñecemento e a relación coa marca era o obxectivo principal do estudo.
No informe, establécese que o grupo Euskaltel (integrado por Euskaltel, R e Telecable) é o operador mellor valorado entre as empresas e negocios da nosa comunidade. Non é o único informe que reflicte unha tendencia clara no mercado: Os operadores rexionais gañan en satisfacción de clientes aos grandes. Unha recente enquisa da OCU xa apuntaba nesta mesma dirección.
A proximidade e o trato ao cliente, os nosos grandes triunfos
O grupo Euskaltel sobresae en atención ao cliente, trato próximo, honestidade, profesionalidade e identidade. Sentímonos especialmente orgullosos de conseguir transmitir estes valores aos nosos clientes pois, como sabedes, temos unha aposta decidida pola proximidade como valor para axudarvos a chegar lonxe.
Levamos máis de 20 anos dando servizos ás empresas. Creamos unha división específica, cun equipo profesional dedicado integramente a achegar valor aos clientes do mercado empresas. Somos á vez consultores e asesores de negocio cun obxectivo prioritario: vender o que ti necesitas .
“As relacións coas marcas son como as relacións humanas”. Como unha gran familia. Máis dun 40% dos clientes considéranos como parte da súa familia ou do seu círculo de amigos. E isto permítenos establecer unha elevada porcentaxe de relacións fortes que culminan nunha dilatada traxectoria de colaboración idónea para levar a cabo de forma satisfactoria todo tipo de proxectos. O grupo Euskaltel posiciónase líder neste segmento a gran distancia dos seus competidores.
Somos marcas recoñecidas. Euskaltel, R e Telecable (que integran o Grupo Euskaltel) son marcas consolidadas e posicionadas que dominan nos seus respectivos mercados e que ademais xeran entre os clientes un gran sentimento de confianza. A nosa relación cos clientes é próxima e fluída, polo que non é de estrañar que Euskaltel sexa a marca coa que máis contacto teñen os usuarios.
Queremos que te centres no teu negocio e que dediques os recursos na achega de valor real para o teu negocio e os teus clientes. Así que nós facémolo por ti. E levámolo a cabo coidando os detalles en todas as fases do proceso, a través do asesoramento experto e personalizado.
O que máis valorades de nós
O grupo Euskaltel lidera o índice de satisfacción dos clientes en todos os servizos. Os nosos servizos de atención ao cliente, servizo técnico, proximidade e confianza sitúannos por diante no sector para os nosos clientes empresa. En definitiva, somos o operador que mantén menor proporción de clientes insatisfeitos. O recoñecemento da calidade e da fiabilidade das nosas solucións de voz e móbil, datos e internet, entre outros, anímanos a seguir traballando tanto en mellorar os servizos que xa temos como en poñernos cada día novos retos que poidan satisfacer as necesidades dun mercado tan competitivo e cambiante.
Por operadores, Euskaltel destaca en atención ao cliente e servizo técnico. Mención especial recibe o servizo móbil.
Para os clientes de R, o que máis inflúe é o servizo da internet e o servizo técnico.
No caso de Telecable, teñen moito peso os servizos de internet e de móbil.
Nós, como sempre, estaremos á túa disposición para escoitarte e asesorarte para ofrecer o produto e servizo que realmente necesitas.
Estes resultados anímannos a seguir traballando para que o grupo Euskaltel siga sendo ese operador de telecomunicacións próximo e amigable que se gañou a vosa confianza.