Consciente da importancia que ten a transformación dixital no devir inmediato e futuro da empresa, a marca Parfois elixiu a R como guía para aplicar a Intelixencia Artificial ao seu modelo de negocio. A empresa lusa de complementos de moda ten máis de 1.300 tendas nunha vintena de países, 400 delas en España.
Estamos ante un caso claro de concienciación da empresa sobre a necesidade de dixitalizarse a todos os niveis para tomar decisións estratéxicas que lle permitan seguir competindo e sacar o máximo rendemento aos seus recursos en pouco tempo e cun custo baixo. Parfois decidiu investir en solucións de Intelixencia Artificial guiada polo equipo especializado BAI Analytics de R para adquirir un maior coñecemento sobre o seu negocio e os seus clientes/as a través, por exemplo, do estudo de hábitos de compra ou análise de vendas en canle electrónica fronte á tenda física, e obter así mellores niveis de saída dos seus produtos.
Dobre misión: consultoría de datos e tecnoloxía DataRobot
A proposta de R ten dúas vertentes: por unha banda, un acompañamento guiado e constante que, entre outras cousas, tradúcese para Parfois en asesoramento sobre tarefas como a identificación de casos de uso e retorno aproximado do investimento (ROI) de cada un deles. BAI Analyticsdesenvolve este servizo de consultoría que implica tamén a análise de datos para eses casos, a demostración do seu valor en distintos departamentos e a implementación dos modelos preditivos.
A segunda vertente refírese á aplicación da tecnoloxía DataRobot como ferramenta de automatización de modelos para axilizar a súa posta en marcha e futura posta en produción. Parfois entendeu dende un principio que mediante o uso de tecnoloxías como a de DataRobot o impacto no negocio é palpable e a compañía pode abordar máis proxectos, grazas, sobre todo, a esa automatización de moitas tarefas.
Unha proposta de valor á medida de Parfois
O traballo conxunto de BAI Analytics cos/coas profesionais da marca portuguesa vai permitir a esta poñer en marcha unha solución rápida e eficiente do seu modelo de negocio cun custo baixo. Parfois poderá familiarizarse coas mellores ferramentas do mercado en Intelixencia Artificial e concretar cales son os casos de uso máis adecuados para aproveitar todas as vantaxes que estas tecnoloxías lle ofrecen.
No ámbito da consultoría, a empresa disporá do servizo dun equipo dedicado 100% a ela, e os/as seus/súas profesionais recibirán a orientación e formación necesarias para consolidar o seu propio equipo de IA internamente.
Parfois buscaba, en suma, un socio tecnolóxico con experiencia en BigData e Intelixencia Artificial que a asesorase e acompañase no lanzamento, seguimento e implementación do seu departamento interno de IA para poñer en marcha os primeiros proxectos de analítica preditiva. E atopouno en R.
Se queres máis información sobre as nosas solucións baseadas en Intelixencia Artificial, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.