Canto máis coñecemos os nosos clientes, mellor podemos responder ás súas necesidades; canto máis automatizamos ese proceso, maior eficiencia obtemos no uso dos nosos recursos; a maior dixitalización da nosa empresa, máis competitivos somos nunha sociedade dixitalizada. E as solucións de Big Data e Intelixencia Artificial están aí para achandar o camiño cara á exitosa transformación dixital da túa empresa.
O primeiro que debemos analizar é o estado de madurez do noso negocio no proceso de dixitalización. Tras varios anos de continuos avances nesta materia, segundo IDC (consultora internacional para o mercado tecnolóxico), polo menos o 40% do PIB Europeo estará dixitalizado en 2021 e no 2027 en tres de cada catro empresas a transformación será tal que xa poderán situarse ao nivel das denominadas ‘nativas dixitais’.
E neste imparable proceso de transformación dixital das empresas, o dato é a clave do éxito. Todos os datos poden ser convertidos en información e coñecemento e, se sabemos explotalos, son a panca que nos levará á optimización operativa e á xeración de novos ingresos.
Solucións baseadas en Intelixencia Artificial e Big Data adaptadas ás túas necesidades
En R, como asesor tecnolóxico integral, a nosa estratexia pasa por axudarvos a modernizar as vosas arquitecturas de almacenamento para unha xestión máis moderna, efectiva, ampla e profunda do dato.
Esta dixitalización require dun ecosistema tecnolóxico adecuado, cos habilitadores necesarios, infraestrutura e comunicacións que podedes atopar nas nosas plataformas IoT e Big Data, solucións converxentes en modo servizo aliñadas cos nosos tres centros de datos próximos e os nosos servizos de cloudhíbrida e as tres plataformas específicas de Mileva: Mileva IoT, Mileva Big Data e Mileva Intelixencia Artificial, sempre coa máxima seguridade, cumprindo en todo momento a normativa vixente e ofrecéndoche servizos modulares e flexibles adaptados ás necesidades da túa empresa ou negocio.
Estamos a falar dunha evolución dixital que permita novas capacidades de analítica de datos da empresa e de solucións baseadas na Intelixencia Artificial, e que posibilita a inxesta de múltiples fontes e variables de datos a gran velocidade e en tempo real. O noso obxectivo é sempre chegar a unha empresa Data Driven, aquela na que as solucións baseadas en Big Data optimizan e automatizan procesos, melloran a toma de decisións e converten a túa empresa nun actor relevante na emerxente economía dixital cuxa relación cos clientes gaña enteiros.
Porque non facer nada xa non é unha opción e as organizacións que tarden en dixitalizar ofertas e operacións terán perdido competitividade e un bo número de potenciais oportunidades.
Se queres saber máis sobre os nosos servizos IoT e Big Data para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área Comercial Empresas.