Quen non pintou as súas ideas nun pano de mesa? Esquemas afundidos en papel que nos axudan a explicar aos demais os nosos conceptos máis revolucionarios. Ai os panos. Que fariamos sen a celulosa? Pois utilizar as ferramentas de mapas conceptuais e por suposto, aplicar o método Canvas.
Creado en 2010 por Alex Osterwalder, o sistema Canvas busca estruturar nunha única folla un modelo de negocio. Unha ferramenta útil que ofrece unha visión global da túa idea e que che permite captar a golpe de vista posibles incoherencias.
Elabora o teu Modelo Canvas
Para poder entender na túa folla Canvas como funciona o teu modelo de negocio, debes responder ás seguintes preguntas:
Cales son os teus clientes?
Describe de forma breve cales son as persoas ás que lles queres ofrecer os teus produtos ou servizos. Non ten porque ser un único grupo, así que se é necesario, divídeos por segmentos. O teu obxectivo é agrupalos da mellor maneira posible para conseguir coñecelos mellor. Non importa cantos sexan.
Cal é a túa proposta de valor?
Resume nunha frase que é o que queres ofrecerlles aos teus clientes e que é o que que che fai diferente aos demais.
Cales serán as túas canles de distribución?
Describe cal será o medio co que farás chegar a proposta de valor aos teu clientes.
Como será a túa relación cos teus clientes?
É un dos aspectos máis críticos no éxito do modelo. Tamén é un dos máis difíciles de converter nun concepto tanxible. Neste punto tes que expoñer as túas políticas comerciais e de posvenda. Premiarás a fidelidade dos teus clientes?, tes idea de darlles facilidades?
Como gañarás cartos?
Resume de forma clara como o teu modelo de negocio xera ingresos e cal é a súa rendibilidade.
Que recursos necesitas para empezar?
Enumera os recursos clave e imprescindibles para que o teu modelo de negocio funcione correctamente. Por exemplo, se o teu modelo de negocio está baseado en compra-venda online, debes ter en conta como enfocarías a loxística de stocks e envíos.
Que actividades necesitarás para que a túa proposta de valor funcione?
Para facer chegar a túa proposta de valor debes desenvolver unha serie de actividades internas clave. Por exemplo, se a túa proposta de valor require dun bo servizo de atención ao cliente, terás un equipo 24 horas 365 días ao ano?
Necesitas a outros?
Describe na túa folla Canvas cales son as alianzas necesarias para executar o modelo de negocio con garantías, que complementen e optimicen a proposta de valor.
Canto custa manter o teu negocio?
Resume todos os custos que supón o modelo de negocio. O obxectivo é coñecer e optimizar cada custo para tentar deseñar un modelo sustentable, eficiente e escalable.
Se tes unha idea, debúxaa utilizando o método Canvas. Estamos seguro de que isto pódeche axudar a comprender o teu negocio e a visualizar aquelas cousas que sobran ou aquelas que precisan un empurrón.
Ah! e deixa de usar panos de mesa, para que a inspiración non te pille desprevido, mellor ten a man nubeR. Se queres saber máis, podes escribir un e-mail ao correo [email protected] ou chamar gratis ao teléfono 1445.