O gran reto que temos en R é ofrecervos a mellor tecnoloxía do mercado.

En solucións cloud contamos cun servizo de almacenamento e xestión de datos eficiente, rápido e económico, con acceso dende calquera lugar e dispositivo. Todo iso coa proximidade que achega o noso Datacenter situado en Galicia.

R Cloud responde ás necesidades derivadas da deslocalización, da internacionalización e do auxe de modelos de traballo híbridos.

Mª José Miguéns, Key Account Manager R Empresas, cóntanos como é e cales son as vantaxes de R Cloud.

As demandas das empresas

Na actualidade as empresas buscades solucións flexibles que se adapten ao que necesitades en cada momento. Non só falamos de almacenamento senón tamén de servizos personalizados que non impliquen cambiar toda a vosa infraestrutura tecnolóxica e os sistemas cos que estades a traballar.

Mª José Miguéns analiza brevemente cales son as necesidades actuais das empresas.

Vantaxes de R Cloud

Centro de datos moi potente, proximidade, facilidade, autonomía e un soporte técnico integral 24/7 con atención directa e servizo postventa son só algunhas das vantaxes de R Cloud.

Explícanolo con máis detalle Mª José Miguens.

Por que R Cloud e non outras cloud públicas?

A resposta a esta pregunta dánola Mª José Miguéns.

Pero xa vos avanzamos que a clave está na integración de datos personalizada.

A importancia da ciberseguridade na nube

Para que todo funcione sen interrupcións, os datos estean protexidos e se manteña un bo rendemento, a ciberseguridade é determinante.

E, por suposto, cumprir con todas as leis sobre protección de datos.

Se queres máis información sobre R Cloud ou calquera das nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.