A dixitalización é imparable en todos os sectores. Por iso, empresas como MeetPointConnect, especialista no mundo do transporte, afánanse en dispoñer de propostas tecnolóxicas que atendan as necesidades dos/as seus/súas profesionais e dos/as seus/súas clientes/as; e atopou en R o compañeiro de viaxe que necesitaba.
MeetPointConnect é unha compañía especializada en servizos e produtos para as empresas do sector do transporte por estrada, tanto de mercadorías como de viaxeiros, que conta cunha dilatada traxectoria no mercado nacional e internacional. Coñece as necesidades do sector e ofrece solucións innovadoras que lles facilitan o día a día ás empresas e aos usuarios.
Esta empresa sempre creu na dixitalización como estratexia de diferenciación e o seu obxectivo é afianzarse como unha compañía 100% dixital, coa posta en marcha dun Market Place dixital que centraliza toda a súa oferta de produtos e servizos, de tal forma que os/as usuarios/as poden contratalos a través da web. Trátase dun espazo no que empresas e profesionais do sector atoparán produtos e servizos para realizar a súa actividade diaria e facilitar a súa xestión, sempre coa máxima calidade e fiabilidade.
Un Market Place con produtos únicos e exclusivos
O Market lánzase cun produto estrela: Fich@. Unha solución en liña que automatiza a lectura e interpretación laboral da información do tacógrafo dixital, de traballadores/as e condutores/as.
Fich@ permite calcular as variables das nóminas e rexistrar as actividades realizadas por todos os/as traballadores/as da empresa de transporte (oficina, reparto en furgonetas, escolares etc.), incluídos os condutores que utilizan vehículos con tacógrafo, segundo a normativa vixente (rexistro laboral). Ademais, permite incorporar ao calendario laboral vacacións ou ausencias, avisa á empresa de condutas irregulares e facilita informes para a xestión dos recursos humanos.
En liña coa súa aposta pola dixitalización, dispón dunha aplicación pc para os/as traballadores/as que desenvolven a súa actividade na oficina ou en modalidade de teletraballo e dunha app para aqueles condutores/as que non utilizan vehículo con tacógrafo ou se dedican a actividades comerciais, de asistencia técnica, reparto etc.
R, a seguridade dun asesor tecnolóxico integral
A seguridade deste Market Place é esencial para MeetPointConnect, que necesitaba un socio tecnolóxico que lla garantise.
Neste contexto, R non só lle achega as capacidades de desenvolvemento tecnolóxico; tamén participa na estratexia de despregadura do negocio e na infraestrutura de cloud próximo requirida.
Porque non só se trata de tecnoloxía. A capacidade de R de involucrarse en proxectos de desenvolvemento estratéxico permite colaborar no deseño do negocio e da plataforma tecnolóxica e tamén realizar seguimento a través do seu roadmap.
O noso posicionamento como asesor tecnolóxico integral permite prestar os diferentes servizos de comunicacións, infraestrutura e soporte, de tal maneira que un só provedor é quen de garantir a dispoñibilidade do Marketplace.
En concreto, coa nosa participación no desenvolvemento, en todas as súas fases, facilitamos o cumprimento dos fitos e a posta ao dispor en tempo e forma.
Toda a plataforma de servizo alóxase no Datacenter Virtual de R, o que garante a seguridade e a dispoñibilidade en todo o momento, e para todos os países do mundo.
A dotación de infraestrutura no noso datacenter permite tamén o desenvolvemento dun negocio completo e o seu dimensionamiento óptimo sen incorrer en altos custos estruturais.
E a nosa experiencia achegándolles ás empresas solucións axustadas ás súas necesidades permite aproximar as linguaxes de negocio e tecnoloxía de tal forma que os/as responsables reciben un asesoramento adecuado, sen necesidade de ser especialistas TIC.
A dixitalización como estratexia de diferenciación uniu a MeetPointConnect e a R co obxectivo de dotar os/as profesionais do transporte dun completo Marketplace integramente dixital no que poderán atopar todo o necesario para realizar a súa actividade.
Porque en R acompañámosvos no voso camiño cara á transformación dixital con solucións personalizadas.
Se queres saber máis, contacta con noso equipo da área comercial Empresas ou subscríbete ao noso boletín.