Ola. Aínda que pasase voando, 2018 chega ao seu fin, e gustaríanos darche unha boa noticia. Como empresa que somos, sabemos mellor que ninguén os retos diarios que tes como autónomo, profesional ou negocio. Estar pendente dos pedidos, dos provedores, dos clientes, dos pagos, investir en equipos, software, actualizar coñecementos…

Es non só un exemplo de loita, senón tamén un emprendedor que xera riqueza e emprego.

Mellora no servizo

Desde R estamos máis que orgullosos de poder ser socios tecnolóxicos de miles de pequenas tendas, negocios, autónomos e profesionais coma ti. Pero como as cousas se demostran con feitos, imos mellorarche o servizo.

Como o faremos? Pois aumentando os megas da túa conexión de internet. Ao final a túa conexión é fundamental para a túa actividade profesional, polo que queremos que goces dun acceso de banda ancha con maior capacidade.

As novas velocidades

Seguro que te estás preguntando en que vai consistir a mellora, así que che indicamos a nova velocidade coa que vas contar para o teu traballo:

  • 100 megas: se tes unha conexión de 60 megas, subirémoscha a 100 megas. É dicir, un incremento do 60%. O ano pasado xa pasaches de 50 a 60
  • 200 megas: no caso de que o teu actual combo teña 100 megas, dobrámosche a velocidade ata 200 megas.
  • 300 megas: se a túa velocidade actual é de 200 megas, melloraremos o teu acceso de banda ancha nin máis nin menos que a 300 megas.

Pronto saberemos que velocidade terás se agora navegas a 350 megas. Tamén mellorarás a túa conexión, pero estamos a realizar os traballos pertinentes para poder darche máis velocidade. Así que te informaremos con detalle no primeiro trimestre do ano.

Datas

A mellora realizarémola de forma gradual e por zonas, como sempre.

Recomendámosche que a partir do 21 de decembro accedas á web de clientes ou app de R, ao apartado “cambio de equipos” e comprobes se o teu  router é compatible coa nova velocidade.

Se é necesario cambiar o teu router, xa cho indicamos aí, cos pasos a seguir.

Esperamos que che guste esta noticia, porque é a nosa forma de darche as grazas pola túa confianza. Un saúdo.

Imaxe de rawpixel