O próximo 29 de abril de 2025, A Coruña acollerá a cuarta edición do Foro APD de Tecnoloxía e Negocio, "Navegando na era da converxencia: IA, ciberseguridade e conectividade como eixes da estratexia directiva", un evento xa consolidado como punto de encontro crave para os líderes empresariais galegos.

Organizado por APD e co apoio de R e LUCKIA, esta edición celébrase en colaboración co Clúster TIC de Galicia e a Cidade das TIC, co obxectivo de reforzar o networking e o compromiso co ecosistema tecnolóxico de Galicia.

navegando na era da converxencia

Baixo o lema "IA, ciberseguridade e conectividade como eixos estratéxicos para as compañías", este IV Foro APD poñerá o foco en piares fundamentais para o crecemento sostible e competitivo das empresas mediante o uso da tecnoloxía.

tecnoloxía como piar estratéxico

Mergullámonos nunha contorna tecnolóxica única e cambiante, onde as transformacións dixitais marcan a estratexia directiva. Rodeados de grandes expertos e expertas, reflexionaremos e debateremos sobre:

  • Como xerar valor real co uso da IA e a evolución do seu uso nas empresas
  • Aprendizaxes e consellos sobre ciberseguridade empresarial como piar estratéxico
  • A importancia das alianzas humanas no mundo tecnolóxico
  • O uso da tecnoloxía como motor do emprendemento

programa

09:30 h. - 13:15 h.

¿cando?

Martes 29 de abril de 2025.

¿onde?

Na Cidade das TIC (Av. de Pedralonga, 15009 A Coruña).

¿a que hora?

De 09:30 a 13:15 horas.

¿gustaríache asistir?

Para inscribirte nesta actividade, precisas rexistrarte en apd.es.