O 20 de marzo, na Coruña, celébrase o evento “Industry 4.0 solutions for sustainable industries”. Está organizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia e dende R colaboramos.

Reserva xa na túa axenda esa data. E apunta hora e lugar: Auditorio Edificio Fundación Barrié, de 9:45 a 14:00 h.

Industry Week da Comisión Europea

Ao evento acudirán empresas de referencia en Galicia, Madrid e País Vasco. Baixo o formato de relatorios de 20 minutos, explicará a súa aposta por una industria máis intelixente e sostible.

Trátase da primeira vez que se organiza en Galicia un evento dentro da EU Industry Week, impulsada pola Comisión Europea.

Axenda

Podes consultar aquí a axenda completa da xornada, pero falarase do Internet das Cousas, da monitorización de procesos, mantemento preditivo, captura avanzada de datos, BigData ou do Machine Learning.

Entre as empresas participantes estaremos R, Repsol, Navantia, Grupo ULMA, ACCENTURE, Grupo ALAVA, Material ConneXion Bilbao, FlyThings Technologies (spinoff de ITG), o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) ou a Asociación Española de Mantemento (AEM).

Como inscribirse

O acceso ao evento é libre e gratuíto. Se desexas asistir, só tes que inscribirte dende aquí.

Un saúdo.