O vídeo márketing forma parte fundamental da estratexia de márketing de calquera empresa, para poder comunicar mellor na internet. Sabemos que o contido é o rei, pero dende hai un tempo comparte trono co vídeo.

Hoxe en día as cifras de consumo de vídeos na internet superan ás doutros formatos. De feito, a canle de vídeos Youtube está considerada como a segunda rede social máis valorada en España. Así o reflicte o último Estudo de Redes Sociais en España que realizou IAB.

Ver vídeos é unha das actividades principais que se realiza en redes sociais, así que debes aproveitar esta tendencia.

Que é o vídeo márketing?

O vídeo márketing non é un concepto novo. Trátase de transportar os anuncios da tele ás redes sociais ou ás plataformas de visionado de vídeos online. Pero estes vídeos non van ter as mesmas características que as dos anuncios que vemos na tele. Non se trata de adaptar un anuncio a Youtube ou difundilo a través de influencers. Ademais con publicidade pura e dura non se vende moito hoxe en día.

Estas son as características que debe ter a túa peza de vídeo márketing:

  • Curta: non debe ser moi longa porque senón aburres ao espectador.
  • Accesible: debe estar nunha plataforma accesible facilmente polos usuarios e sen contrasinais, a poder ser. Aínda que se se trata dunha campaña dirixida a un pequeno segmento pódelo facer.
  • Compartible: débese poder compartir en todas as plataformas online que utilicen os teus usuarios.
  • Equilibrada: debe seguir a túa liña de comunicación e de imaxe de marca. Por exemplo, se nas túas comunicacións sempre utilizas un ton próximo e amable non utilices agora un ton firme e serio.
  • Con contido: debe contar algo interesante, hoxe en día a técnica do storytelling é a que triunfa no amplo mundo da internet. Se contas algo que enganche aos usuarios xa alcanzaches a metade dos teus obxectivos.

Ideas para facer un vídeo márketing

Seguramente estás a pensar na pasta que vas a gastar se fas un vídeo márketing, pois estás moi equivocado. Non ten por que ser unha súper produción de Hollywood, podes facer algo moi adecuado á túa marca e que enganche.

Lembra que un vídeo márketing non ten que ser publicidade pura e dura, senón que tes moitas opcións. Podes facer un tutorial no que ensinas a utilizar un produto ou servizo.

Podes presentar a colaboración cunha iniciativa ou con outra empresa.

Ou podes dar a coñecer un novo produto ou servizo.

Plataformas

Á hora de subilo á rede a difusión pódela realizar en varias plataformas como Youtube ou Vimeo e tamén subilo a algún dos teus perfís en redes sociais.

Proba a facer un e cóntasnos como che foi, seguro que os teus clientes actuais e pontenciais engánchanse   .

Ata a próxima!

Imaxe de @jakobowens1