Os servizos na nube e as contornas cloud convertéronse nos grandes aliados da tecnoloxía do momento, xa que grazas a eles as empresas contades con algunhas das funcionalidades que máis estades a demandar nos servizos de hosting para empresas: mobilidade, aforro de espazo, de custos, versatilidade, escalabilidade ou integración co resto de sistemas da empresa.
O servizo de hosting Oracle baséase nunha plataforma de virtualización multitenant especializada para o despregamento de servidores de aplicacións e BBDD Oracle, garantindo as altas prestacións que estas cargas de traballo esixen e á vez respectando os esixentes termos de licenciamento de Oracle. O usuario poderá usar o licenciamento Oracle do que xa dispón aproveitando deste xeito os investimentos xa realizados, e só necesitará licenciar o SW Oracle polo número de CPU que usan realmente as cargas de traballo onde se executa.
Hosting Oracle intégrase co produto Datacenter Virtual onde o cliente desprega o resto de servizo ou ben coa infraestrutura OnPrem, utilizando nese caso a capacidade de integración do cloud de R coa Rede Privada de datos dos clientes.
Falamos dun servizo totalmente administrado por R. Expertos DBAs de Oracle aseguran o correcto funcionamento e parcheado do SW de Oracle mediante a execución dun rigoroso plan de vixilancia e mantemento preventivo e correctivo.
Este hosting é, en definitiva, a solución máis eficiente e económica en modalidade pago por uso para o despregamento de cargas de traballo Oracle administradas.
A capacidade de R permítelles tamén ás empresas realizar todos os traballos de implantación e/ou migración de BBDD e servidores de aplicacións Oracle que unha empresa poida necesitar.
Se queres saber máis sobre os servizos hosting Oracle ou sobre as nosas solucións tecnolóxicas para contornas cloud, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área Comercial Empresas.