As ferramentas dixitais son fundamentais para xestionar e mellorar a produtividade das empresas. Unha delas é My Cloud Portal, o portal de ArrowSphere para xestionar solucións na nube dende un único panel de control. Unha ferramenta á que terán acceso os/as clientes/as de Microsoft365 con R dende o mes de outubro.

Cal é o valor que achega My Cloud Portal?

Gestiona tus licencias y suscripciones con My Cloud Portal

My Cloud Portal é un portal de xestión das subscricións contratadas.

O/a cliente/a, ademais de visualizar as subscricións activas, poderá operar sobre elas incrementando ou diminuíndo o número de licenzas conforme ás políticas de cada fabricante.

Dende o panel de control podes consultar o catálogo de subscricións recomendadas e contratalas dixitalmente para dispoñer delas de maneira inmediata.

Podes entrar en My Cloud Portal a través da ligazón https://masmovil.mycloudportal.net ou da web de clientes, clicando a sección "Servizos de clientes".

Que xestións se poden realizar en My Cloud Portal?

Unha vez dentro da plataforma My Cloud Portal poderás autoxestionar as licenzas de Microsoft que teñas contratadas:

  • Visualizar a listaxe de licenzas de cada tipo que tes contratadas, as asignadas a usuarios/as e a data de renovación da subscrición.
  • Consultar o prezo de cada tipo de subscrición contratada.
  • Aumentar o número de licenzas de cada tipo de subscrición.
  • Desactivar a autorrenovación da subscrición, para que poidas dala de baixa nese momento. Lembra que Microsoft establece un período de permanencia dun ano.
  • Acceder a información histórica e previsión de custos mensual, se dispós de subscricións AZURE.

Esperamos que lle tires moito proveito a esta ferramenta e que che axude a xestionar as licenzas Microsoft da túa empresa.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.