Como sucedeu durante a Start-up Europe Week, Galicia, polo seu carácter innovador,  a súa bravura emprendedora e a súa capacidade creativa, volve, unha vez máis, a formar parte dunha celebración mundial.

O próximo 2 de abril celébrase #Arduino Day 2016, un evento no participan máis de 200 cidades de todo o mundo. Entre todas elas destaca Lugo que se suma á celebración con #GenuinoDay, organizado por Markers Lugo.

Agora vén a pregunta "Que é Arduino?". Arduino é unha plataforma de hardware libre (dispositivos de desenvolvemento libre) deseñada para facilitar o uso da electrónica en pequenos proxectos. Sería algo así como un microcontrolador  que se pode configurar para que poidas dar vida a un mando a distancia, unha cafeteira, un robot ou mesmo a un teléfono móbil. Programadores, enxeñeiros, artistas ou afeccionados desenvolven os seus propios proxectos baseados nesta tecnoloxía.

Velaquí a información que che pode interesar:

#GenuinoDay

Cando: 2 de abril de 2016 de 10:30 h a 19:00 h

Onde: CEI Nodus - Avenida da Coruña, 500 - Lugo

Durante o evento poderás ver demostracións de cada proxecto e coñecer máis sobre Arduino. Tamén podes participar en #GenuinoDay montando a túa propia caseta, organizando un taller ou explicando aos demais en que consiste a túa idea. Se estás a pensar en apuntarte, deixámosche aquí máis información. Iso si, non esperes moito, xa que o prazo finaliza hoxe.

Iniciativas como esta permítenche coñecer novas ideas e usos destes microcontroladores. Esperamos que poidas sacar partido a esta información, asistir ao evento e mesmo presentar o teu propio proxecto. Quen sabe, igual atopas aquí unha boa idea de negocio.