Empresas
Xunta e empresas TIC actualizan un protocolo dixital para a Galicia do 2030
Galicia quere xogar un papel protagonista na economía dixital da próxima década. Para logralo, a Xunta e as principais empresas do sector TIC, entre elas MasOrange (da que forma parte R) renovaron e actualizaron un protocolo de colaboración que aspira a converter a innovación nun motor de crecemento económico, xeración de emprego e competitividade.
