Achéganse os meses de verán e esperemos que sexan algo máis relaxados que os do resto do ano, pero que nunca falte o traballo  .

Se é así, terás máis tempo para o teu lecer e, por que non?, para asistir a varias citas nas que aprenderás moito máis sobre como darlle máis visibilidade á túa empresa.

Congreso Web

Zaragoza acolle a sétima edición deste congreso os días 1, 2 e 3 de xuño. Se queres estar á última en márketing online, SEO, redes sociais e analítica, non debes perder esta cita.

Os días previos ao congreso dará comezo o programa de actividades con talleres prácticos impartidos por profesionais do sector. Se estás pensando en asistir, decídete pronto porque podes aproveitar as ofertas actuais de inscrición.

e Delivery Barcelona Expo & Congres

Ten como obxectivo achegar a estratexia online ás empresa e poñer en contacto a provedores e distribuidores de comercio electrónico de España, Europa e toda a zona do Mediterráneo.

e Delivery Barcelona é un punto de encontro no que se xerarán moitas oportunidades de negocio e tamén haberá tempo para escoitar a relatores expertos en comercio online.

Se queres coñecer as novas estratexias de venda online tes que ir ao Recinto Feiral Montjuic-Praza España de Fira de Barcelona entre os días 5 e 7 de xuño.

Podes acudir como visitante cunha inscrición gratuíta se te apuntas antes do 25 de maio a través da súa web.

SEOon the Beach

Crenos se che dicimos que é o evento máis diferente de todos . Desenvólvese na praia, Collados Beach, na Manga do Mar Menor en Murcia, e polo tanto, nun ambiente distendido e divertido no que se levará a cabo o Beachworking.

Pero, aínda que a localización sexa favorable para un ambiente relaxado, os relatorios serán dun elevado nivel técnico e específico para que aprendas moito máis sobre o posicionamento da túa marca nos buscadores. Se queres aprender e gozar de verdade, xa sabes, apúntate ao SEOon the beach.

SeoProfesional

E se queres aprender máis sobre SEO podes asistir a este evento que se celebra en Madrid o 30 de xuño.

O seu programa está composto por intervencións de recoñecidos profesionais do márketing online e por diferentes actividades que promoven o networking.

Xa se sabe que no verán todo está algo máis parado, pero seguirémosche informando de todos os eventos que che poidan interesar.

Ata a próxima!

imaxe de unsplash.com/@daanhuttinga