O próximo 21 de marzo desenvolveremos, xunto con Cinfo e a Fundación Deporte Galego da Xunta a xornada "Tecnoloxía e Deporte". O evento terá lugar no AC Palacio del Carmen, de Santiago de Compostela e buscaremos falar de innovación no deporte en Galicia.
Obxectivos
Entre outras cousas, ao longo do evento tratarase de falar de aspectos tales como:
- sacar o máximo proveito da tecnoloxía polos clubs.
- habilitar a túa propia canle de tv cos contidos do club.
- usar ferramentas dixitais para xerar novos ingresos.
- beneficios aplicados á análise do xogo.
Casos de éxito
Coñecerás os casos de éxito do R.C. Deportivo ou do Monbus Obradoiro, e con persoal experto compartiremos ideas e experiencias de como as novas tecnoloxías ofrecen xa beneficios claros, son unha realidade e van transformar todos os clubs deportivos.
Asistencia
Para acudir á xornada hai que confirmar asistencia no correo electrónico [email protected] indicando nome, apelidos e empresa ou entidade.
Axenda
Compartimos con vós a axenda da xornada:
- 9:00h: acreditación.
- 9:35h: benvida de Alfredo Ramos, Director Xeral de R.
- 9:50h: presentación da xornada por Iván Clavel, Xerente Fundación Deporte Galego.
- 9:50h: realización automática de eventos deportivos, por Antonio Rodríguez del Corral, CEO de Cinfo.
- 10:10h: experiencia do R.C. Deportivo (transformación dixital aplicada ao fútbol) por Gabriel Barrós, Director de Comunicación.
- 10:20h: claves para transformar o teu club deportivo, por Alberto Díaz, Responsable de Transformación Dixital de R.
- 10:30h: mesa profesional: Dereitos audiovisuais do deporte non maioritario.
- os Presidentes federativos galegos e expertos en televisión debaterán sobre as posibilidades de emisións deportivas para afeccionados como explotar e visibilizar deportes minoritarios a través de novos modelos televisivos na internet.
- participan: José Pereira Fariña, Director de Innovación e Negocio da CRTVG; Bruno López Molina, Presidente da Federación Galega de Balonmán; Jose Alfredo Bea, Presidente da Federación Galega de Piragüismo e Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo.
- 11:00h: café e pausa para “networking”.
- 11:30h: experiencia do Monbus Obradoiro (Ferramentas de análise deportivo) por un membro do equipo técnico.
- 11:40h: mesa profesional: Tecnoloxías emerxentes aplicadas ao deporte.
- expertos e clubs debaten sobre as últimas tecnoloxías aplicadas ao deporte, ferramentas de xestión ou como xerar novos ingresos con solucións tecnolóxicas innovadoras.
- 12:10h: empresa e deporte, por Leonor Gallardo, Xestión e liderazgo deportivo.
- 12:30h: aposta polo deporte e a tecnoloxía, por José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte.
- 13:00h: fin da xornada.
Lembra, se estás interesado en asistir, envía un correo a[email protected]
Un saúdo!