Ola. En R cada ano intentamos avaliarnos, ver que facemos ben, que facemos mal, que debemos mellorar e analizar as opinións que tedes os clientes de empresas sobre os operadores de telecomunicacións.
Neste sentido, acaba de saír o estudo GfK sobre o mercado das telecomunicacións para as empresas en Galicia deste ano. Realizouse unha enquisa a máis de 400 clientes de empresas: autónomos, negocios de 1 ou 2 empreados, de entre 3-9 traballadores, de entre 10 e 49 operarios ou de máis de 50 traballadores de diferentes sectores. Estas son algúns das conclusións que sacamos.
Oferta de valor
En primeiro lugar, vimos que mellorou a percepción dos nosos clientes de aspectos como a cobertura móbil ou a conexión wifi. Estivemos a traballar durante os últimos meses nestes puntos, ampliando a rede, investindo en infraestruturas e en equipos máis potentes.
Por esa razón, unha das conclusións do estudo é que “R destaca como cercana ao cliente, cunha bona oferta de valor e especialmente no seu compromiso con Galicia”.
Atención ao cliente
Un dos puntos que intentamos coidar ao máximo é a atención ao cliente e o soporte técnico. Intentamos ser un operador próximo e cuidar ao máximo as vosas consultas. Por iso, o estudo de GfK sinala a nosa “boa atención ao cliente: resolven as dúbidas e incidencias con rapidez e profesionalidade”.
Móbil
Un dos puntos dos informe sinala que nas empresas “as conexións de internet móbil seguen a usarse profesionalmente, e destacan entre clientes de R”. É dicir, que se trata dunha necesidade.
Neste sentido, non só traballamos en internet conmigo, senón que tamén melloraremos os datos móbiles durante esta primavera. Sabemos que o móvil se usa cada vez máis, polo que queremos que teñades un servizo que responda ás vosas necesidades.
De feito, dende GfK destacan que “o axuste ás necesidades é outra vantaxe para R”, fronte a outros operadores, con produtos máis pechados para empresas.
Telefonía
En canto á telefonía fixa, “a satisfacción xeral e dos elementos específicos da telefonía fixa de R é moi alta”. Como cliente, comentas a necesidade de poder contar con máis bonos de chamadas internacionais, e é algo no que estamos a traballar.
Internet
Sobre a conexión de internet fixa, “R é a marca máis considerada entre os propios clientes”.
Este ano a nosa idea é contar con novas conexións, no caso de que precises máis velocidade. Seempre con opcións profesionais, nas que podes crear diferentes redes wifi, unha por exemplo para os vosos clientes e outra para os traballadores da empresa.
Recomendación
Por último, querémosche agradecer o teu nivel de recomendación. Sabemos que nun mercado con tanta competencia é complicado, pero o informe sinala que “R, que saca unha vantaxe considerable ao resto de marcas”, ademais de liderar a confianza dos clientes.
De novo, durante este 2019 a nosa intención é facer fincapé nos puntos de mellora que nos chegan de cada cliente, reforzar a nosa atención ao cliente e a calidade do servizo. De novo, grazas pola túa confianza.
Un saúdo.