Como concienciar o persoal sobre a ameaza existente: o factor humano
As persoas son o primeiro dos escudos de defensa ante as ciber ameazas e a concienciación é a ferramenta para adestrarnos niso.
Da man do noso partner, S2 Grupo, compartirá neste encontro virtual a súa experiencia no desenvolvemento e despregadura de plans de mellora en cultura en ciberseguridade efectivos, e como estes achegan valor engadido á organización, incrementando o nivel global da seguridade e diminuíndo o risco de incidentes relacionados directamente cun dos compoñentes clave nesta materia: as persoas.
Estes plans estratéxicos de mellora en cultura en ciberseguridade axudarán en dotar as persoas que forman parte das organizacións do coñecemento e as ferramentas necesarias para potenciar e mellorar os seus comportamentos fronte aos riscos aos que se enfrontan na súa vida diaria.
Cando?: martes, 21 de xuño de 2022
Onde?: en ZOOM
Horario: de 9,30h a 10,30h
Relators:
- Hilario Miró, Responsable da Unidade de Negocio de Concienciación en S2 Grupo
- Susana Rey, Experta en ciberseguridad, Oficina de Protección de Datos de R