Ola. En R sempre intentamos coidar o máximo os nosos clientes. E ofrecer un trato especial a aqueles que son autónomos, profesionais ou teñen un negocio ou pequena empresa. Sabemos que as telecomunicacións son fundamentais para ti. E que para ser competitivo e non perder ningún cliente, tes que contar sempre co mellor servizo.
Pensando precisamente en darche solucións específicas e ofrecer detalles por teres con R as vosas comunicacións, temos unha nova oferta comercial que chamamos encaixe R.
Personalización
A idea é precisamente que o que che ofrecemos che encaixe. Que vaia coas túas necesidades, co teu tipo de negocio, que se adapte aos teus clientes ou ao que vendes.
Pensamos que un negocio ou un profesional teñen necesidades específicas e diferentes a, por exemplo, un usuario particular. Porque no caso dun negocio ou autónomo, as telecomunicacións son fundamentais para o que fas.
Por exemplo, servizos como un mantemento profesional onde te atenden con maior prioridade ou multiring para que poidas atender chamadas do fixo no móbil e non perder nunca chamadas do teu cliente, cremos que son moi importantes e adaptados para ti.
Como se fora para a nosa familia
Todos temos algún amigo ou familiar que ten un negocio ou que é autónomo. Pensando precisamente neles, deseñamos a nosa oferta de empresas.
Fai o mesmo un profesional que alguén que ten unha oficina con varios empregados? Necesita o mesmo wifi unha tenda que unha cafetería? Pensamos que non, por iso traballamos pensando en cada tipo de usuario.
Para profesionais
Un dos casos que pensamos é nun profesional, nun autónomo que precisa teléfono, internet, un móbil e que, ademais, usa o Office 365 para levar as contas e as compras ou redactar cartas e pedidos.
Dende R ofrecémosche unha serie de vantaxes, porque a todos nos gusta que teñan un detalle con nós 😉
Vantaxes
No caso de teres o Office 365 con nós, beneficiaríaste disto ao ser cliente de R:
- Ao ter 200 megas e unha liña móbil ilimitada de 10G ou superior, regalámosche 350 megas. É dicir, aumentámosche a velocidade sen subir o custo.
- Contas con axuda R gratis. Tes á túa disposición soporte informático e ofimático para configurar equipos ou programas.
Eixos de encaixe R
En breve irémosche contando máis novidades de encaixe R. Hoxe só che queríamos adiantar algunhas cousiñas. O que si, xunto á personalización dos servizos para empresas, negocios, comercios e profesionais, o que buscamos é:
1. Que teñas servizos que te axuden a impulsar o teu negocio. Grazas ao internet das cousas e a 3ollos R tes múltiples posibilidades ao alcance da túa man.
2. Que goces dun trato preferente. Para calquera negocio o servizo de telecomunicacións é fundamental, polo que queremos estar á altura.
3. Adaptarnos á túa mobilidade e produtividade. Con solucións como o fax IP, o multiring, a multiSIM ou o Office 365.
Dende este blog de R irémosche contando máis solucións pensadas para os negocios e empresas de R, así que atento 😉
Un saúdo!