Dende hai anos enfrontámonos a un ecosistema tecnolóxico sen precedentes que continúa acelerándose. No mundo hiperconectado, volátil e incerto en que vivimos, temos á nosa disposición máis solucións tecnolóxicas que nunca e os datos convértense no activo máis importante das empresas. Todo deixa rastro dixital e é posible obter toda a información do negocio, dos clientes e dos procesos en tempo real. Data Driven Company son as empresas do futuro inmediato.
R vén de celebrar as Xornadas Tecnolóxicas 2020 tituladas 'Reflexións tecnolóxicas 2020'. Un encontro integramente online realizado nun edificio virtual no que se desenvolveron relatorios, con zona de estandspara as principais empresas do sector, espazo de demostracións tecnolóxicas e charlas temáticas con especialistas.
O noso obxectivo: mostrar, a través de demostracións de casos reais aplicados en empresas, como as tecnoloxías habilitadoras como Big Data, IoT ou a Intelixencia Artificial son xa unha realidade.
O resume do que vivimos nesta Xornada Tecnolóxica 2020:
Da man de Nuria Oliver, experta en Intelixencia Artificial e Big Data, analizamos como desenvolver unha estratexia de xestión do dato correcta e que tecnoloxías están a empregar as empresas para obter novos modelos de negocio e converterse en empresas dixitais, máis áxiles e con maior grao de automatización. Son novas estratexias, tecnoloxías e arquitecturas que permiten unha explotación efectiva dos datos e a xestión da información a grande escala en tempo real, xerando crecementos exponenciais, usando múltiples fontes e aproveitando maiores necesidades de computación.
Nuria Oliver: “A IA, no corazón desta 4ª Revolución Industrial”
A día de hoxe, tal e como resalta o fundador e socio de DATU(a) Alberto Rezola, é evidente que necesitamos, tanto para dar servizo como para xerar e utilizar a Intelixencia Artificial, dispoñer de gran cantidade de datos de forma simple, rápida, fácil e segura, o que nos permitirá avanzar cara a un modelo de traballo baseado no dato.
Para iso podemos apoiarnos en solucións como a plataforma tecnolóxica Mileva, capaz dunha grande inxesta de información a través de dispositivos IoT, para almacenala, utilizala, xerar información útil (Big Data) e dotala dunha capa de Intelixencia Artificial que dea solucións.
Aos beneficios de aplicar a IA nas empresas tampouco é alleo Pablo Gutiérrez, Success Director de Datarobot, quen explicou como a Intelixencia Artificial axuda a crecer e a desenvolver o negocio, e como mellorar a eficiencia e construír novos servizos partindo do dato.
As empresas teñen que dixitalizarse, pois os seus servizos cada vez van ser máis dixitais e, ademais, as que van poder subsistir ou ter un percorrido a longo prazo van ser empresas Data Driven. Así o destacou o responsable de Transformación Dixital de R e do Grupo Euskaltel, Alberto Díaz.
Encamiñarse cara a unha empresa dixital baseada no dato é, sen dúbida, un investimento rendible: estratexia, acción e resultados para as empresas independentemente do seu sector de actividade.
Así, constatamos como EBROKER impulsou novas formas de ingresos dixitais e novos servizos cunha experiencia de usuario dixital e como ademais acelerou o marketing e as vendas grazas a un mellor coñecemento dos clientes. Con SegData quere achegarlles ás empresas clientes do sector do aseguramento beneficio empresarial a través da intelixencia do dato, analizándoo e transformándoo en coñecemento.
Pola súa banda, Víctor Lorenzo, director do departamento TI do Grupo Cuevas, empresa da industria agroalimentaria con máis de 150 anos de historia, asegurou que, no seu caso, implantaron un sistema para dispoñer os pedidos con precisión e grazas a el conseguiron un 95% menos de erros na súa preparación e unha optimización das rutas de distribución cun aforro económico próximo ao 28%.
Miquel Gil, responsable comercial IA do Grupo Euskaltel: “BAI Analytics nace para reforzar as nosas capacidades de IA”
A innovación é un valor prioritario para R e queremos seguir traballando convosco na transformación dixital das vosas empresas, apostando polas últimas tecnoloxías e buscando as mellores alianzas e colaboracións. Neste contexto xorde a nosa iniciativa BAI Analytics, o instrumento que poñemos ao dispor das empresas para que accedades ás tecnoloxías baseadas en Intelixencia Artificial e acometades proxectos a curto prazo e con menos investimentos.
Se non puideches acompañarnos nas Xornadas Tecnolóxicas 2020, vive agora todos os relatorios e as mesas temáticas do evento aquí.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.